28/3/07

Mirade a cara de felicidade tras rematar os 50 quilómetros


TODO@S A ALLARIZ





O vindeiro 26 de maio teremos os xa nosos 50 quilómetros de Allariz.


Temos que ir a arrasar:

A keniata de Montrove a consolidar o seu primeiro posto feminino.

Blas a demostrar o seu poderío camiñando.

O cronista a intentar rebaixar nunha hora a súa mellor marca.

O mestre a facer o que lle dea a gana.

O Roberto a facer o que poida.


E o comensal austero, Álvaro e Teresa a estrenarse.

O patrocinador e o farmacéutico veloz, atreveránse a vir?





O prazo de inscrición comeza o 2 de maio. Lembrade que só hai oitencentas prazas.


Debemos enviar a documentación xa o 2 de maio.


A Panadería D´Osedo tamén arrasará este ano en Allariz.

27/3/07

O Presi en Santiago


O noso patrocinador participou, por fin, na Pedestre de Santiago. Fíxonos felices a todos e todas. Moitas grazas por acompañarnos e por amosarnos o que é un auténtico cabaleiro nas carreiras ao deixarse adiantar por todas as atletas femininas que puido.
A nosa numerosa participación nesta proba foi debida ao cariño que lle temos á camiseta que defendemos e que levamos con orgullo, aínda que dea lugar a máis dun chiste nas carreiras.
¡Non hai equipo con máis miga, nin con máis masa!


Os nosos representantes, tras rematar a Media Maratona de Betanzos en maio de 2005. Por fin o triatleta venceu ao noso keniata branco (¿que son uns segundiños de nada despois de máis de 21 quilómetros?), o mestre, como sempre, foi ao seu, a keniata de Montrove, amosou o seu dominio merendou otro premio máis (¿non terás os trofeos xa no garaxe?)

26/3/07



Integrantes do equipazo en Baiona, tras concluir con éxito e premio algunha edición anterior.

Vindeiras carreiras

Nas vindeiras semanas varios membros do clube participarán, demostrando as súas cualidades, en dúas destacadas competicións: a Vig-Bay e o MAPOMA.
Na media maratona de Vigo a Baiona, o noso clube contará coa súa habitual nutrida participación, agardando repetir os éxitos de pasadas tempadas: melloras dos tempos persoais e premios en mulleres (¡Ánimo Pili!)

Na 30ª Maratona Popular de Madrid, o noso cronista, entre máis de 14.000 participantes, deixará, de seguro que si, o pavillón do clube ben alto na súa primeira participación nunha maratona