28/3/07

Mirade a cara de felicidade tras rematar os 50 quilómetros


TODO@S A ALLARIZ





O vindeiro 26 de maio teremos os xa nosos 50 quilómetros de Allariz.


Temos que ir a arrasar:

A keniata de Montrove a consolidar o seu primeiro posto feminino.

Blas a demostrar o seu poderío camiñando.

O cronista a intentar rebaixar nunha hora a súa mellor marca.

O mestre a facer o que lle dea a gana.

O Roberto a facer o que poida.


E o comensal austero, Álvaro e Teresa a estrenarse.

O patrocinador e o farmacéutico veloz, atreveránse a vir?





O prazo de inscrición comeza o 2 de maio. Lembrade que só hai oitencentas prazas.


Debemos enviar a documentación xa o 2 de maio.


A Panadería D´Osedo tamén arrasará este ano en Allariz.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

a verdade e que terei que entrenar un pouquiño pra non quedar mal..... saudos a esta paxina.
Contade conmmigo pra Allariz

Loly dijo...

Noraboa polo blog!! Vexo, polo voso historial, que estades preparadísimos pois xa rematáchedes as carreiras do vindeiro Nadal, ¿ou será que o creador do blog ten unha “bola” de cristal e pode ver o futuro....? De calquera xeito, parabéns e moita sorte.
PD: Esa hora!!