27/5/07

X Andaina Vila de Allariz. 50 quilómetros en 12 horas


O pasado sábado 26 de maio, mentres as compoñentes do Club de Natación Montrove acadaban no Campionato Galego de Natación Sincronizada sete trofeos (fantástico rapazas, parabéns para a súa entrenadora), sete membros do noso club participaron na “X Andaina Vila de Allariz, 50 quilómetros en 12 horas”.

Con ameza de chuvia, temperatura non superior aos 19 graos, unha alta humidade e todo un mundo por subir e baixar, estes ultrafondistas tamén arrasaron na Andaina.

A pesar dos consellos do Comensal Austero (levou aos nosos participantes a unha abundantísima cea chea de graxas e proteínas, regadas con abundante viño e ramatada con gintonics...), do pouco que se durmiu no hotel, almorzaron puntualmente ás 7,15.

Posteriormente e coa vestimenta axeitada, iniciaron a camiñata. No primeiro quilómetro formaron os dous grupos previstos: os veteranos do grupo, o Mestre (hai que rendirlle pleitesía por ter superadas as seis participacións) e o Comensal Austero co seu impresionante báculo, paseniño paseniño, dominaron a clasificación dos camiñantes (cruzaron a meta ás oito horas e nos postos 90 e 91).

O grupo de tolos (e unha tola) que pretendían facer os 50 quilómetros correndo, foron deixando escapar a grupos de inexpertos participantes (habería tempo de darlles caza) ao tempo que collían unha marcheta lenta pero constante. A primeira etapa, isa na que para empezar habería que subir e subir e logo subir e subir, (16 q.) fixérona en 1 hora e 43 minutos, a pesar da caida do exmaratoniano; a segunda (22 q.) rematárona en 2 horas e 47 minutos, coa parada incluída do avituallamento e o descolge do Camiñante de Melide (“parade oh, que isto é unha costa”, “parade, oh, que quero beber un grolo”); e a terceira de 12 q., onde a Keniata de Montrove amosou a súa fortaleza mental e guiados polo Sendeirista de Bastiagueiro (o servizo de guía do Triatleta foi rexeitado despois de equivocar a ruta nun par de ocasións), en 1 hora e 17 minutos. Tempo total 5 horas, 47 minutos e 36 segundos. Chegaron á meta nos postos 8, 9, 10 e 11 sobre un total de 800 inscritos. ¡Sen comentarios!

Só 40 minutos despois, entraría na meta o Camiñante de Melide, tras facer máis da metade da proba en solitario e mellorando a súa anterior marca en case dúas horas. Impresionante.
Dedemos felicitar á organización polo seu magnífico traballo. Esmerado trato aos participantes, avituallamentos impecables, ambiente magnífico. Empanadas, bicas e cañas extraordinarias. Parabens


REFLEXIÓN FINAL: E AGORA QUE?

14/5/07

Máis éxitos na "Carrera de la Salud 2007"



A pesar de contar con varias e salientables ausencias, o noso club tivo unha destacada participación na carreira da saúde coruñesa. A Keniata de Montrove e o Farmacéutico Veloz acadaron os seus xa tradicionais premios. Os outros atletas, como sempre, representaron dignamente ao club en todos os segmentos da clasificación.

Parabéns a todos.

P.D. Nas fotos hai un infiltrado (desculpade a súa envexa por non ter participado na carreira do paseo marítimo)