19/6/07

Acta da Asemblea Xeral Anual

Co obxectivo de pechar a tempada e celebrar a asemblea anual do clube, os atletas e as súas parellas foron invitados polo excelentísimo señor patrocinador a unha cea de confraternidade.

Durante a longa velada iniciada ás 20.30 horas do sábado, os comensais (nada austeros nesta ocasión) poideron degustar a calidade das empanadas do xa afamado forno da Panadería D´Osedo así como dar conta (¡que ben cortas o xamón Maestro!) dun impresionante cuarto traseiro dun ser desgraciado (hai que ser desgraciado, vivir para ser comido), o señor cocho. Que gran calidade e abundacia tivo a sobremesa (hum....) que mesmo chegou a provocar o feito insólito de que o noso Moisés (coñecido en crónicas anteriores como Comensal Austero) repetíu de forma reiterada bocados e bocados dos doces da mesa (¡quen o ía dicir de ti!)

Da abundancia das bebidas é mellor non publicar nada, non vaia ser que o xa respectado clube adquira unha inmerecida, á par que innecesaria, fama.

Foron excelentemente acollidas as persoas que tiveron a ben acompañarnos sen formar parte, aínda, do clube. Ista edición dixital non publica comentarios machistas, nin asume as opinións sexistas pronuncianadas por algún membro do clube sobre estas visitas.

Tras a interminable cea, e xa con algunhas ausencias, sendo as 01.30 horas do domingo, o señor presidente do clube deu comenzou á asemblea xeral ordinaria. A súa proposta de cargos foi aceptada con disciplina:
-Presidente de honra e socio fundador : O Maestro.
-Vicepresidente e Man Dereita: o que nin pilla nin durme fóra da casa, A. Valentín.
-Tesoreiro Milagreiro e Asesor Fiscal: o exComensal Austero, máis coñecido desde Allariz como Moisés.
-Capitana do Equipo: a que non deixa pillar nin durmir fóra da casa ao Vicepresidente.
-Xefe da Asesoría Médica e experto en productos dopantes: O Farmacéutico Veloz.
-Xefe do Negociado de Relacións Institucionais: o experto en atopar faltas nas prendas de Inditex, antes coñecido por Triatleta.
-Figura indiscutible: a que non sabe mercarse a roupa soa, anteriormente coñecida como a keniata de Montrove.
-Xefe do Gabinete de Prensa: o blogista.

Como segundo punto da orde día foi negociada duramente polo representante sindical do clube a adquisión de novas prendas deportivas que estean á altura dos resultados dos atletas. Por decisión maioritaria, demandouse a adquisións de forros polares para todos. Xa estamos fartos de pasar frío cando esperamos polo premios da keniata de Montrove. ¡Ou que deixe de gañar trofeos ou que nos abriguen!

Como terceiro punto da orde do día, o señor patrocinador e presidente (que forma de acumular cargos, jefe) propuso a designación dun capitán. Ista proposta debémola enmacar na súa liña de dividir e de buscar pelexa entre os sufridos atletas. Afortunadamente xente de máis idade tivo a ben facer a proposta de elevar a ista importantísima categoría, ao Maestro (¡que grande eres!), contando co apoio unánime dos presentes.

Finalmente, e antes de disolvernos baixo a chuvia, abordouse a cuestión do calendario da vindeira tempada. Designouse a proba dos 10 quilómetros da Coruña en outubro como proba inicial de entreno, e a Pedestre de Santiago como a do inicio oficial da tempada. Igualmente, insistiuse na importancia de facernos un clube internacional, correndo algunha proba en Portugal.

Sen máis asuntos que beber digo tratar, e sendo as 2,20 minutos do domingo 17 de xuño, levantouse a sesión.

3/6/07

¡Que paseo polo Mero!


<><>
<><>
create your own slideshow


Co obxectivo de inspeccionar o circuito polo río Mero, unha reducida representación do clube participou na I Carreira da Auga. Cun trazado rápido, cómodo, pola beira do río, o triatleta, o Farmacéutico Veloz, A Keniata de Montrove, e o exmaratoniano, déronse un paseo o sábado pola mañá nesta carreira.

Foi un paseo, porque correr, o que se di correr, nun correron un cara.... ( o mellor tempo foi de 36.41´ tras pasar o primeiro quilometro en 3.32´´¡que vergonza!) E que as velocidades deixadas en Cataluña (ou sería a ausencia da muller?), nun caso, e os destrozos ocasionados pola proeza de Allariz da semana anterior, nos outros tres atletas, tiveron como consecuencia que unicamente fixeran un entreno rápido. A pesar de contar co apoio dos atletas ausentes (¡que duro e fermoso foi Allariz, eh?) Mais e a pesar dos seus 42.57´´ a capitana do clube acadou o terceiro posto da súa categoría

Nova de última hora: o señor patrocinador está pensando en retirarlles as camisetas a estes atletas. Ou corren como hai que correr ou lles retira a camiseta e a nómina que cobran do clube.

As que si son unhas campionas son as nosas rapazas do Club de Natación Sincronizada Montrove. Regresaron de Marín con todos os primeiros postos nas súas categorías e modalidades nos Campionatos Galegos. Impresionante. Felicitacións para a entrenadora.