3/12/07

Hai que escoller titular


Escollede titular:

De marea azul a ondiña azul”: desde a numerosa participación no club nas carreiras de Santiago e Ourense pasamos a tan só tres participantes na Media Maratón de Ferrol (XXII Memorial Adolfo Ros. Volta á Ría) Que pasou?
É que o Patrocinador non vos adiantou as dietas para viaxar a Ferrol e xantar no Muiño do Vento de Fene?
Cando pensades lucir as camisetas que con tanto cariño e traballo adquiríu o Presidente?

Probando, probando”: Tras un duro verán, con lesións nos tres representantes do club na carreira, os nosos atletas desexaban coñecer o seu estado físico. Os obxectivos fican aínda moi lonxe mais cómpre ir adquirindo as sensacións de carreira, repasar ritmos, controlar sensacións, lembrar que se pode sufrir...

Para coñecer os resultados clicade aquí. A destacar que o club segue mellorando, ano a ano, o seu tempo nesta distancia.


Fotos: Elyana

No hay comentarios: