27/2/08


Por orde do señor Presidente do club, o pasado sábado celebrouse unha Asemblea Extraodinaria. A orde do día contiña un único punto:

"Estudo, e aprobación se procede, da proposta do señor presidente sobre unha viaxe a Londres".


Efectivamente, ímonos á capital da Pérfida Albión.

Co gallo de estudar o recorrido do maratón londinense o Presidente propuxo, e asemblea aprobou por unanimidade, realizar unha viaxe preparatoria a principios de maio. A elección das datas fíxoa en función do calendario aprobado: entre o maratón de Madrid e os 50 quilómetros de Allariz (sempre pensando no ben dos seus atletas) Os gastos de aloxamento corren a cargo do patrocinador. Pola manutención non hai de que preocuparse: empanadas de Osedo para todos e todas .


¡Por fin seremos un club internacional!

1 comentario:

Julio J dijo...

El Presi es un tío grande, correr (jejeje)con los gastos de alojamiento y manutención merecen un Hip Hip Hurra!, en inglés of course.