24/8/09

Carreira das Areas: collendo a posta a punto


O pasado sábado, 23 de agosto, os dous medio muradanos do Club participamos na Carreira das Areas en Carnota. A organización marcou un dez mil aínda que a distancia recorrida non chegou aos nove quilómetros. A área da praia de Carnota estivo mellor que nunca grazas ás mareas vivas corremos sempre por zona mollada, mesmo ás veces, con algo de auga.

Tras as probas dos cativos, e con algo de retraso sobre o horario previsto, é que é realmente unha carreira popular, deuse a saída. Cando o vento nun daba en contra faia un sol de carallo pero fomos situándonos nos nosos lugares de carreira e devorando con tranquilidade os quilómetros (estamos iniciando a tempada e hai que darlle tempo ao tempo). Os dous fixemos segundo o previsto e contando co apoio da familia de Blas (Señor Presidente a fotógrafa Raquel é xa membra do club?)

Por primeira vez nesta proba contamos na meta con bizcoito, bebidas e agasallos (mochila e camiseta) e tamén por primeira vez contouse coa colaboración de Cronotec (parece que as críticas que recibe por todos lados son merecidas). Cando teñamos os resultados, subirémolos. Tan só avanzar que o Cronista quedou de 12 na clasificación xeral e 4º na súa categoría mentres que Pura Vida fixo 36 na xeral e 18 na categoría.

Resultados.

Un fermoso sábado na praia.



No hay comentarios: