29/11/09

De la milla al maratón


Ricardo Ortega e Martín Velasco. De la milla al maratón. Entrenamiento para corredores de élite y recreativos, jóvenes y veteranos, sanos y enfermos. Alianza, 2009


Na contraportada do libro pódese ler:

"Aínda que é certo que o correr un maratón e outras distancias menores pódese facer cunha preparación intuitiva ou autodidacta, non é menos certo que se pode correr moito mellor se se segue unha preparación baseada nas directrices e os coñecementos de persoas que demostraron sobradamente a súa experiencia ao longo de moitos anos adestrando a atletas de elite, preparando a corredores recreativos, iniciando a persoas que nunca fixeron deporte, e ata deseñando plans de rehabilitación para persoas afectadas por algunha doenza cardíaca".


Que cousas me chamaron máis a atención deste novo agasallo recibido?


En primeiro lugar a cantidade táboas para calcular ritmos, tempos… En segundo lugar que os autores consideran que unha persoa que corra con certa regularidade debe planificar a maratón en… sete semanas porque, afirman, se se prepara en máis tempo aumenta o risco de lesións e tamén aumenta o estrés psicolóxico pola carreira. Tamén chamoume poderosamente a atención o ritmo das series que tenden a facelas ao ritmo de competición (Martín Fiz nos seus plans de adestramento tamén as aconsella deste xeito) cando tendo a tentar facelas por debaixo do ritmo dun dez mil aínda que prepare a distancia de Filípides.


No hay comentarios: