31/12/09

Resume gráfico do 2009

Para que tentar resumir todo un ano con palabras... habería que falar das melloras dos tempos na Vig-Bay, das comilonas, da Maratón, das festas, das andainas, do presidente, da equipación, do Osedo Force One, das que non se atreven a correr, das viaxes "culturais", dos "gin-tonics", de Chubasqueiros fóra, de "michu-michu"... En fin, que sería un enorme esforzo. Vexámos unha pequena selección de fotos do 2009.

A gozar!!!

27/12/09

Para rematar o ano: unha san Silvestre

E para rematar o ano… unha san Silvestre: A V Carreira Popular Fin de Ano Mugardos-Ares-Mugardos.

Como a proba non é competitiva, os membros do club participantes decidimos que tan só íamos adestrar, correr amodiño, a un ritmo de 5 minutos ao quilómetro… pero hoxe non o acadamos posto que levábamos con nós a un membro dun prestixioso e ben equipado club atlético de Lugo., quen mesmo se atrevou a chegar tarde á carreira incorporándose á mesma cando xa levábamos os primeiros mil metros Tivemos que ir animándoo e facéndolle compaña porque non podía, non podía... Fixádevos nas fotos como ao chegar á meta o primeiro que fixo foi repoñer potasio comendo un plátano.

A proba foinos divertida, aínda non tanto como a de Berlín. O noso bo humor foise contaxiando pola estrada e polas persoas que nos miraban desde as berairrúas ou dende as vivendas.

Na meta entramos collidos das mans (non tivo éxito a proposta de collernos doutro lugar).

Un bo xeito de rematar o ano.

Outra crónica en Canario do Penedo.


21/12/09

Lugo Monumental baixo cero

Cando aínda o termómetro sinalaba datos en negativo, catro atletas do club e a lesionada Keniata de Montrove iniciamos a viaxe a Lugo para participa na Lugo Monumental, non sen antes comprobar que algún veciño tiñas as luces prendidas cando xa era de día e podían apagarse.

No automóbil os comentarios semellan os cánticos do nenos de san Ildefonso: un grao baixooooo cero, dous graos baixoooooo cero… así ata que en Guitiriz observamos con pavor menos seis grados. Que frío, que inmenso frío.

Mais como este ano, e baixo as
ordes do xeneral Sobrinoff, a organización foi perfecta, o frío semellaba ser menos: Fernando agardaba por nós na porta do seu garaxe, na súa oficina están os dorsais, O Triatleta probou o seu baño; tempo para tomar un café; despedímonos de Pili (canto frío pasou) o quecemento inicial no garaxe, logo polo sol de Lugo.

Aquí temos
que abrir a sección reivindicativa, señor Presidente. Como ben se pode observar na foto hai clubs que agasallan aos seus atletas con magnífico equipamento para evitar lesións ocasionadas polo frío (obsérvese a Fernando), pero tamén hai clubs nos que os atletas son auténticos sufridores que corren sentido os cores do club porque senón o único que sentirían sería o tremendo frío de Lugo. Señor presidente, póñase as pilas. A pesar disto, estamos contentos cos novos pantalóns, mesmo algún xa os estreou en Lugo.


Posteriormente cada quen foi ao seu caixón e desexámonos sorte.

Fernando e Sobrinoff fixeron a carreira conxuntamente, por algo son amigos desde hai moitos anos; o Furacán do Miño atopouse como nunca (por algo corría na casa); o Triatleta fixo un adestramento de calidade marcándose un ritmo de 4 minuto
s quilómetro; o Cronista foi a testar o estado de forma e mellorou a súa marca na carreira e na distancia. Todos rematamos contentos.

Na meta estábanos agardando Pili e Elena cos nosos polares. Nós non pasamos frío… e pero elas… moito pasaron. GRAZAS.


Tras a carreira que mellor que deixarnos atender por Fernando: non fomos tan maleducados de rexeitar a súa invitación de ducharnos na súa casa, onde, dona Mercedes, insistiu en que tomáramos leite quente con mel. Dest
e xeito conseguirán que todos os anos participemos na carreira. MOITAS GRAZAS Fernando e Mercedes.
















Unha vez lavadiños e acicalados, dirixímonos ao encontro cos resto do club, onde? Na rúa dos viños: alí estaban Pili, Elena,Teresa, Álvaro, Raquel, Isabel e o señor presidente, quen chegou á cidade da muralla no OSEDO FORCE ONE (novo vehículo presidencial) Tras os viños… a polo cocido en Terras do Miño: magnífico restaurante no río Rato nun contorno espectacularmente fermosos. Sobremesa abundante e licores estupendos. Temos que “vender” máis e mellor Lugo.

En total houbo 1114 participantes. Os tempos foron os seguintes:

Cronista 36,37.

Triatleta 40,10.

Furacan do Miño 42,35.

Fernando Ríos e Sobrinoff 49,17.


Outras atléticas crónicas en A Carreira dun Kan, e en Khenesfera. Crónica e foto no Progeso de Lugo. RESULTADOS.

19/12/09

Frío en Lugo?

Mañá corremos en Lugo, na VIII Carreira Solidaria Lugo Monumental. Seguro que alguén se queixa do frío. Pois mirade esta foto do venres en Odessa, tras dous días fríos de verdade.



Foto vía Fogonazos.

13/12/09

No XXIV Memorial Adolfo Ros. Volta á Ría



Nunha mañá fría, con pingas de auga antes da saída, participei na Media de Ferrol. Practicamente só (vin a Alberto cando chegaba á meta) posto que temos á nosa Keniata convalecente, ao Mestre en proceso de recuperación, ao Triatleta iniciando a temporada e ao resto gardando forzas para Lugo. A saída e a meta estaban en san Valetín, en Fene.

A idea da carreira era facer un adestramento longo (tres semanas sen facelo) e poder comparar o estado de forma con decembro do 2007. Hai dous anos rematara moi contento a proba porque pasara na distancia de 1.28 a 1.24 (aquel ano saíamos e chegábamos a Narón). Pero tras máis de catro mil quilómetros de rodaxe, tendo xa como mellor marca na media 1.22 (Vig-Bay de abril de 2009) agardaba poder baixar de 1.24. Xa sei que levo poucas series pero non poucos quilómetros e que non consigo enlazar máis de dúas semanas boas de adestramentos. Así que... saín gardando forzas no primeiro mil, dando dúas voltas por san Valentín (como na milla, lembras Chema?) collendo axiña o ritmo polas Pías e localizando a un grupo como referente.

Primeira sorpresa: quilómetro 5 en 17,3
0´´. Non pode ser. Ten que estar mal medido. Os atletas e as poucas atletas vanse estirando. Entramos en Ferrol. Quilómetro 10, constatación de que está mal medido: 37,17´´. Sáeme un tempo dun dez mil magnífico. Non pode ser. Rodo cun grupo. Ao cruzar o Xubia, comeza de verdade a proba, o rompe-pernas de subidas. Perdo o contacto con grupo. No 15 teño a certeza de que non mellorarei o crono na distancia. Algún problemiña nun xemelgo. Nin caso. Xa vou só. Desde o quilómetro 10 puidéronme adiantar uns quince atletas, só adianto a un.

Marco ritmo de supervivencia. Chegar sen sufrir moito. Unha vez en Fene trato de subir o ritmo, creo que non adiantarei a ninguén e intento que a respiración que me persegue non me adiante. Nos marcamos un último quilómetro rápido. Entro con forza na meta pero descontento polo tempo: 1.24.23´´na posición 73 de 528. Tan só nove segundos menos que hai dous anos. Como pequeno consuelo Pazmasajes di que a distancia supera en 270 metros o percorrido regulamentario, e Khene que en case 400. Iso xa sería outra cousa.

Conclusión: facer máis series, tratar de ser máis regular nos adestramentos, buscar reforzos positivos para a Maratón.

Outras crónicas en Khenesfera, A carreira dun kan ou Xavi. Créditos das fotos.

RESULTADOS Crónica na Voz de Galicia.

5/12/09

Impresionante documento gráfico


Pasaron casi dos meses de nuestro viaje a Berlín y Coblenza. Las cámaras y los móviles se van descargando de las fotos de aquellos días. En uno de esos aparatos apareció, cual documento gráfico de Íker Jiménez, la fotografía que se puede contemplar. En ella, claramente, destacan los cuernos que le han surgido al camarada General Sobrinof. Fíjense, fíjense. Efectivamente son dos cuernos.


¿Serán de toro? (su mujer siempre alabó su bravura).


¿Serán de ciervo? (las osamentas miden su capacidad reproductiva y por lo visto en la foto el general es el mejor dotado de los presentes).


¿Serán de caracol? (su posición en las competiciones no es de las mejores)…


NOTA: No se admiten comentarios sobre si fue su mujer quien se los puso sobre la cabeza. De todos es conocida la abnegación y la capacidad de sufrimiento de la susodicha.