20/4/10

MAPOMA 2010: ánimo campión


O mellor que temos no club, ademais da calidade humana do noso Presidente, é que cando un de nós participa nalgunha actividade leva o apoio e cariño dos restantes membros do club. Neste 2010 tan só o noso Triatleta está inscrito no Maratón Popular de Madrid mais non se poderá dicir que correrá só: todo o club estará dándolle ánimos e folgos, desexando que acade o seu obxectivo. Para iso decidimos, e o seu Presidente aceptou correr cos gastos, enviarlle una atleta de apoio para os últimos vinte quilómetros.


O Triatleta fai un alto na súa tripla preparación para deixar a pegada do club nas estradas de Madrid. Toda unha honra para a capital e para nós formar parte do seu mesmo club. Non poderemos compartir con el os minutos previos á saída, non terá con quen enganar aos nervios mentres non chegan a 9 en punto… pero a súa cabeza saberá como afrontar ese reto e a distancia: sabe que non debe enviar mensaxes de cansazo, sabe que só pode ter pensamentos de reforzo positivo, sabe que debe lembrar que corre con apoio do todo o club.


Ánimo campión a meta xa está máis preto.

BOA SORTE

3 comentarios:

Julio J dijo...

Carallo, así es imposible flaquear, que nervios!!!!!!!!
Gracias, sabeis que en mis locuras estais presentes todas/os.

Antonio Martínez dijo...

Ánimo campeón.

khene dijo...

Buena suerte ;D