6/6/10

Crónica dunha xornada poética: O Courel

Hai xente que pensa que nós, os atletas deste club só servimos para dúas cousas: correr e ir de festa. Para desmentir tal pensamento (lamentando que non nos poiderán acompañar os traballadores e os que andaban celebrando algún cumpreanos), e coma una homenaxe a Uxío Novoneyra, o pasado sábado 5 de xuño, marcharmos a recorrer as terras do poeta do Courel, ese gran home de verso pequeñno pero intenso, ese poeta que nos deu coñecer toda a toponimía da serra, aquel que na súa obra Os Eidos escribira…

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese o pouco que é un home…

Tras viaxar con ceo cuberto, chuvia e néboa, chegamos ao Cebreiro (mentres agardamos polos moteiros) e apreciamos como a néboa ía ficar sempre debaixo de nós.
O obxectivo da mañá era pasear pola Devesa da Rogueira, espectacular fraga onde as haxa pero sen facer a subida desde Moreda senón desde o Alto do Couto. Volvemos cometer o erro de deixar a Sobrinoff encabezando a andaina (en realidade non o deixamos senón que foi el que tomou a iniciativa, deixando ás persoas que coñecíamos o camiño máis atrás) polo que houbo que estar atentos aos seus erros nas eleccións dos camiños. Tiñamos que chegar ata a Fonte do Cervo ou da Fame onde apreciamos como a auga pode ter dúas características distintas. Sen dúbida a heroína da mañá foi Elena, non houbo costa que puidera con ela. A natureza inundounos coa súa potencia: acivros, faias, carballos, bidueiros, castiñeiros, erbedeiros... E o silenzo... Paseo IMPACTANTE.



E a Natureza:




Como é habitual no club e tras buscar na nosa GUÍA RAULÍN, achegámonos ata O Pontón onde tiñamos reservado un pouco de xamón da zona, churrasco, leituga e tomate (non había pataca fritidas). A pesar da oposición do de sempre tomamos queixo fresco con mel e torta de castañas ademais de café e licores (mel, herbas e café) Tras o xantar gozamos un pouco do lugar: o coidado nas obras e a fermosura da paisaxe. Antes de continuar o noso recorrido a sorpresa do día: a nosa FORMIGA ATÓMICA (José María dixit) cumpriu o anceio de ir en moto.





Polo serán a primeira parada foi en Vilar. Paseo pola aldea e visita ao castro (INICIARTE xa fixo unha entrada ao respecto).

En Vilar:



Despois descenso ata o Lor para chegar a Froxán. No río, e tras 25 minutos de descenso, os nosos condutores regresaron polos vehículos mentres que as donas e o cronista continuamos ata Froxán. Polo camiño de subida probamos os amorodos silvestres, pequenos pero moi saborosos. Chegados a Froxán paseamos pola aldea, descansamos e comimos unhas cereixas recén collidas da árbores.



Cando chegaron os homes fomos ata Vilamor onde había una feira de artesanía. En realidade o que fixemos foi merendar con sidra asturiana, chourizo, cecina, queixo e touciño para logo visitar a fervenza.
A última parada da xornada foi en Quiroga para probar as augas do río Lor.













Remataremos coas palabras de Novoneyra:
Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?