27/1/11

Nova pista de atletismo de Elda (Alacant) en 3D


Lido e copiado desde Tectónica

"Proxectar unha pista de atletismo pode ser un exercicio tan monótono e tedioso como percorrela: curva, recta, curva recta, unha e outra vez…

A pista ha de cumprir perfectamente rigorosas medidas e estandares para que sexa regulamentaria e homologable pola IAAF: corda de 400 m (medidos a 30 cm. da rúa interior), radios de 36.5 m., 6 rúas de 1.22 m cada unha delas, bordo perimetral de protección de 1.50 m, e no seu interior todos os xogos: salto de altura, salto de lonxitude, salto de pértega, lanzamento de peso, martelo, disco e xavelina e ría.
Como complemento, propomos un percorrido alternativo, amateur, ocioso, lúdico e tridimensional, unha vía de escape, unha saída pola tangente. Este percorrido sobe por encima dos vestiarios e aseos volve á pista regulamentaria, envolvendo ao público e as bancadas pola acción deportiva.

Este movemento xera unha onda artificial que protexe do sol e do vento a bancada, controla o acceso á pista e dá entidade tridimensional a un programa que non a tiña."

Obra: Pista de Atletismo 3D
Arquitecto: Subarquitectura. Andrés Silanes, Fernando Valderrama y Carlos Bañón, en colaboración con SyV Arquitectos
Ano: 2009-2010
Fotografías: David Frutos Ruiz

11/1/11

Esos locos que corren

En agosto do 2009 puxéramos un vídeo de Nike. Agora veño de velo no blog dos correlegas dos Afilados Runners. Non ten desperdicio. Escoitádeo ata o seu remate. É fantástico porque estamos, de verdade, tolos e tolas.

8/1/11

Tirada longa: 25 quilómetros

Abandonado por Pili (segundo domingo consecutivo) fixen a tirada máis longa das programadas nos adestramentos para a Maratón de Barcelona: 25 quilómetros. A idea é saír lento e moi cómodo, en descenso, ata a rotonda do dolmen en Santa Cristina, e regresar algo máis alegre (segundo o noso querido Comensal Austero dando as zancadas un pouco máis grandes e con algo máis de velocidade), especialmente nos cinco últimos quilómetros. Teño que recoñecer que no final da tirada non acado os ritmos marcados no plan de adestramento.

O domingo pasado fixen 58,47´´ (ida) e 54,58´´ (regreso) a 4,33/qm.
Hoxe, os tempos foron 56,08´´ (ida) e 53,20´´ (regreso) a 4,21/qm.






1/1/11

I San Silvestre da Coruña

Por fin tivemos unha san Silvestre na Coruña. E non podíamos faltar.

Mentres algúns traballaban para que outros puideramos cear, catro membros do club quixemos deixar constancia do noso quefacer atlético participando na I San Silvestre da Coruña. Mesmo houbo quen se levantara ás catro da mañá no centro de Europa e presentouse na liña de saída sen desfacer as malestas (habería que engadir que tampouco as fixera el) Saímos da praza de María Pita, cheganmos ata o Breogán da Torre para logo regresar e facer meta na praza da heroína coruñesa (lembrade que esa viúva negra que foi María Pita non naceu na Coruña nin está enterrada neste concello) En total uns 7.700 metros.

A organización foi estupenda, con moi bo recibimento na para meta: líquidos en abundancia e sólidos (roscón de reis) tamén con posibilidade de repetir (e de case non cear) Dos cincocentos inscritos fixeron meta 469 (segundo A Voz de Galicia correron máis de oitocentos atletas). Non obstante houbo moita xente que correu sen dorsal.

O ano que ven, volveremos, non si?


Os resultados foron
Antonio: 28,10, posición 24 categoría 6, a 3,40
Alberto: 32,40
Blas: 34,58
Raúl: 37,22, posición 327 categoría 20, a 4,53.