20/2/11

Dúas semanas para a Marató de BCN: última tirada de 25 km.

Como xa vos supoño enterados, Pili non poderá participar na Marató. Fáiseme difícil asumir que non estaremos xuntos na liña de saída: tantos quilómetros compartindo esa ilusión, tantos quilómetros xuntos…

Baixo de moral, adestrei este fin de semana sen moitos folgos: 19 km o venres con 4x3000 (a última serie non saíu tan ben como era desexable), o sábado trotei 15km e hoxe domingo tocou facer a última tirada longa antes da proba de Barcelona. A pesar do cansazo acumulado e das poucas gañas que recibía o corpo desde o cerebro, rematei contento co tempo realizado. Poño , a continuación, os tempos das tiradas longas feitas desde xaneiro (as semanas que faltan foron por precaución por unas dores nun pé)

2-I-11: Ida: 58.47´´ Regreso 54.58´´: 113.45´´
9-I-11: Ida: 56.08´´ Regreso 53.20´´: 109.30´
6-II-11: Ida: 54.40´´ Regreso 52.18´´: 106.58´
13-II-11: Ida: 54.55´´ Regreso 54.05´´: 10
20-II-11: Ida:55.04´´ Regreso 52.04´´: 107.08

5 comentarios:

Xose dijo...

Moita sorte neste maratón! A cabeza as veces xoga malas pasadas, que non che venza e poidas realiar unha baos carreira.

Saúdos dende Ponteareas

Antonio Martínez dijo...

Grazas, Xosé.

bibliorrodis dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
khene dijo...

Esa dislexia... Así que a «Mataró» de BCN, ¿no? XD ¿Te traicionó el subconsciente? ;D

¡Aúpa! ¡Ánimo! La maratón ya está ahí, esperándote, sensual y provocadora, como siempre. Al final no nos podemos resistir a sus encantos y caemos rendidos tras pagar los 42 kilómetros de tributo con el fin de alcanzar los 195 metros de gloria. ¡A correr y a disfrutar! ;D

Antonio Martínez dijo...

Grazas Khene. Corrixido queda.