2/5/11

O noso Triatleta na "Lisboa International Triathlon 2011"


Xa regresou.

O noso heroe xa está na casa ao coidado dos seus.

Un ano máis continua impresionándonos a todos e todas, deixando os nosos esforzos deportivos moi por debaixo dos seus. Efectivamente, o noso Triatleta participou con éxito no “Lisboa International Triathlon 2011", tal e como demostran os seus resultados.

A natación (1.900 metros), o que máis medo lle da e onde máis golpes recibe, foi rematada cun tempo magnífico: 0:34:26. A bicicleta (90 km.), onde máis se preparara 2:54:16, uns dez minutos por encima das súas capacidades físicas pero todos sabemos que contra unha avaría da máquina nada se pode facer. E, na carreira (21,1 km.), amosou o seu poderío facendo un tempazo ao rematar a media maratón en 1:35:55. O seu posto final foi 246 sobre un total de 650 triatletas tras 5 horas e dez minutos de esforzo continuado.

Estamos impresionados pola súa capacidade de adestramento, polo seu bo nivel competitivo e polo seu esforzo e capacidade de sufrimento. PARABÉNS CAMPIÓN.

2 comentarios:

Julio J dijo...

Muchas gracias, se nota que eres un amigo, tampoco es para tanto. Ciertamente lo de la bici fué una p...., aunque nunca se sabrá si por ir más rápido en bici hubiese mejorado el tiempo total, pues llegaría más tocado a correr, aunque pedalear con el sillín tan bajo tb pasó factura y ya se sabe, los de este club no nos retiramos si nos lo tamamos en serio.

Antonio Martínez dijo...

Máis ca un amigo... un admirador, campión.