26/9/11

Maratón de Berlín: novo récord

O kenyano Patrick Makau gañou este domingo o maratón de Berlín con 2h.03:38 e pulverizó así a marca mundial establecido no 2008 polo etíope Haile Gebrselassie (2h.03:59) tamén na capital alemá.
Makau, de 26 anos e gañador xa na edición do ano pasado, entrou seguido do seu compatriota Stephen Chemley.
A primeira muller en cruzar a liña dos 42,195 quilómetros foi a tamén kenyana, Florence Kiplagat, con 2h.19:36, coa alemá Irina Mikitenko en segunda posición e a británica Paula Radcliffe, plusmarquista mundial, en terceira.
O maratón berlinés foi así unha festa kenyana por partida dobre, especialmente no que respecta a Makau, quen ademais de destronar a Gebre correu un terzo da distancia en solitario.
O atleta kenyano, quen o ano pasado gañou en Berlín cun tempo notablemente superior (2h.5:08) e baixo a choiva, entrou baixo un sol radiante que acompañou toda a proba e que fixo que desde o quilómetro 35 désese por seguro que habería novo plusmarquista.
A Gebrselassie, que ao comezo da carreira mantívose no grupo de cabeza con Makau, falláronlle as forzas pasada a metade da distancia, xusto cando Makau apertou o ritmo.
O etíope retirouse por uns minutos, nos que se temeu ía abandonar, aínda que logo se reincorporou sen opcións xa de vitoria.
Haile era o heroe por antonomasia de Berlín, cuxo maratón gañou nos catro anos anteriores -2006, 2007, 2008 e 2009- e onde estableceu a marca mundial no 2008.
O atleta galego Pedro Nimo, así como o tamén español Ricardo Serrano, logrou no maratón de Berlín a mínima olímpica para participar o próximo ano nos Xogos de Londres 2012.
Serrano, debutante na distancia, foi sexto con 2h13:32, e Nimo sétimo, que volvía tras un longo período de lesións, fixo 2h13:34.
Texto e foto vía A Voz de Galicia.

No hay comentarios: