1/12/11

I Maratón A Coruña 42



Segundo lemos na páxina da Federación Galega de Atletismo xa foi presentado o I maratón da Coruña:

"Esta mañá tivo lugar no Concello da Coruña a presentación da I Maratón A Coruña 42. No acto estivo presente o Concelleiro de Deportes, D. Francisco Mourelo, o Presidente da FGA D. Isidoro Hornillos e a Directora Técnica da FGA, Dª. María Dolores González. A proba que se celebrará o 15 de abril estará incluida no calendario nacional e pretende convertirse nun dos circuitos máis rápidos de España nesta modalidade. A carreira transcurrirá nun circuito urbano, plano e moi rápido. Discurrirá por amplas avenidas e terá xiros suaves, co fin de non perxudicar o ritmo dos atletas. Constará de 3 voltas permitindo así unha mellor visibilidade por parte do público, dado que en algunha rúa poderase ollar a carreira ata en 8 ocasións. Paralelamente a esta carreira organizarase outra proba de 10 kilómetros homologados para aquelas persoas que non participen na maratón, permitindo así o disfrute do circuito e os aplausos dos espectadores que asistan ao evento".

Colocaron unha ligazón ao percorrido.

No hay comentarios: