19/12/11

X Lugo Monumental 2011


Como os membros deste club, cada día máis gastronómico e menos atlético, xa temos unha certa idade (quen se inventaría este eufemismo tan insoportable?) lembrámonos ben da importancia historia daquelas verbas pronunciadas polo President Tarradellas “Ya soc aquí”. Pois ben, agora case poderiámolas dicir nós. 

Xa está aquí o señor Presidente. Xa está aquí a Keniata de Montrove. Fáltanos o Mestre, pero todo se andará co tempo. 

Cun frío menor ao que Lugo nos ten afeitos, case todo o club participou na carreira: o señor presidente (tras dous anos de ausencia), a Keniata de Montrove, o Farmacéutico Veloz, o Triatleta, Pura Vida, o Clandestino-Ilegal, o Comensal Austero e o Cronista. Ben é certo que tivemos algunhas ausencias na proba pero menos na mesa. 

Creo que todos rematamos contentos coa carreira realizada: o Presidente case acada o obxectivo que tanto tempo cacareou no seu feisbuk (terá que cambiar de adestrador?) A Keniata recuperou as sensacións e case colle podium e menos mal porque estamos cansos de pasar frío agardando polos seus premios (que mala é a envexa). O Triatleta fixo de perfecto escudeiro. O Farmacéutico Veloz luciu o seu corpo nas terras familiares. O Pura Vida cada día vai máis fino. O Comensal Austero abandonou ao seu pupilo (iso non se fai, home, non). O Clandestino-Ilegal fixo un tempazo (coma non adestra…) E o Cronista foi todo un cabaleiro. 

Na segunda parte do día parecíamos unha manifestación. A xantar un cocido (sopa, garavanzos, grelos, patacas, chourizo, botelo, costela, tenreira…), con bo viño. Mais non só os corredores/a senón case o club en pleno. E sempre acompañados por Mercedes e Fernando, membros honorarios do club. Se corremos oito… xantamos dezaseis. Para cumprir coa tradición, visitamos a confitaría Madarro e atenda de deportes Intersport.

No hay comentarios: