28/4/11

Vig-Bay 2011. As nosas fotos

Aínda que ata agora non faláramos da VIG-BAY 2011, non quere iso dicir que non participáramos nela. Aquí tedes algunhas fotos da nosa rara participación neste ano.


12/4/11

I Costa-Trail de Oleiros "Seixo Branco"

El pasado día 3 hicimos otro trail , esta vez cerquita de casa, por la zona de Dexo.

Este no tenía nada a que ver con lo corridos hasta ahora , pocas cuestas largas y un trail más bien rapidillo de 18 km con casi 400 acumulados de subida.

Después de llover por la noche y de acostarme un poco tarde por tener visita de compañeros de Barcelona, tocaba un día perfecto. Salida por un laberinto de vegetación y barro muy lento, para ya salir a pistas fáciles de correr pero simpre en un sube y baja que no te dejan coger ritmo. Llegar a Lorbé y empieza lo interesante, caminos de costa y poder contemplar el golfo ártabro. Me voy colocando bien y dejo que mis piernas calienten porque aun notan los 30 km del Sil…l legada al puerto de Dexo y 7 seguidores animándome, asi da gusto correr… gracias a mis amigas catalanas, José Manuel y Anahi … pero en especial a Rakel que siempre esta ahí para animarme y sacarme fotos y eso que no le gusta madrugar.

Los sube y baja se multiplican pero siempre corriendo las cuestas sin cortas y sin demasiada pendiente asi hasta llegar al paseo marítimo nuevo de mera con sus escaleras y rampas de madera. De postre nos espera la arena de la playa, donde siento que es una pena que no durara unos km más la carrera al final llego de 70 sobre un total de 197, con un tiempo de 1:36:03 … y 31 en la categoría de mayores de 39 años.

Las sensaciones muy buenas… después tapita de callos y estrella faltaría mas….

BLAS, PURA VIDA

11/4/11

Exhibición de Gómez Noya en Sidney

Texto e foto vía A Voz de Galicia.

O mal tempo, a choiva, unha caída, as alternativas sobre a bici e na carreira pedestre e a presenza de todos os favoritos ao título engadiron épica ao triunfo de Javier Gómez Noya na primeira proba do Campionato do Mundo de tríatlon. O defensor do título realizou unha demostración fabulosa en Sídney. Venceu en Australia, un dos lugares míticos no imaxinario do seu deporte. Gañou con sete segundos de marxe respecto ao inglés Jonathan Brownlee e 12 respectos ao suízo Sven Riederer, que completaron o podio.

Xunto á Ópera de Sídney arrincou unha carreira na que se ían desatar toda clase de hostilidades. Gómez Noya saíu ben situado tras os 1.500 metros a nado na bahía da cidade e pronto se situou na zona de cabeza do sector de ciclismo. Pero entón entrou en xogo a estratexia. Segundo a súa contorna, o ferrolán montara unhas gomas sen ningún debuxo, lisas, e cunha presión moi alta. Así que en canto comezou a chover cada curva converteuse nun exercicio de equilibrismo. Non só se viu obrigado a baixar de intensidade nas viraxes, senón que terminou perdendo contacto cun grupo de cabeza no que rodaban case todos os favoritos.

Á saída dunha desas curvas endiabladas, Gómez Noya foise ao chan. Incorporouse en canto puido, caeu máis aló do trixésimo posto e a desvantaxe respecto da cabeza creceu ata máis de 30 segundos. En solitario, rodou case dez quilómetros buscando ao mesmo tempo unha remontada que non lle expuxese de novo a unha caída. Resistiu ata avistar xa o grupeto dunha vintena de triatletas que lideraban a proba.

Pouco antes da última transición, conectou coa cola dun grupo estirado, a uns 20 segundos dos primeiros. Tras un novo esforzo, deu alcance aos líderes. A propia dinámica da proba en Sídney reduciu a seis os triatletas que se ían disputar o título. Xunto ao ferrolán quedaron os irmáns Jonathan e Alistair Brownlee, Riederer, o australiano Brendan Sexton e o francés David Hauss.

Por culpa dunha caída, foise ao chan Alistair Brownlee, o campión mundial do 2009, o máximo rival do ferrolán. O grupo que se ía disputar o título reduciuse a tres elixidos. Xunto a Gómez Noya, quedaron Riederer e o menor dos Brownlee, Jonathan. Pese ao esforzo da súa titánica remontada, as pernas respondéronlle. Voaba nunha das probas máis singulares do Mundial, corría ata conseguir o mellor parcial no último dez mil a pé. Conseguiu quedar só a pouco menos dun quilómetro para a liña de meta. Cruzouna con rabia e alzou os brazos. Misión cumprida.