16/1/12

Entrevista en Radio Oleiros


A invitación de Nano García, o Presidente do Club de Atletismo Panadería de Osedo e o Cronista, participaron no programa de Radio Oleiros “Sintonía Deportiva”. Acompañounos Plácido Lizancos, quen fora profesor de Pachuco a quen cualificouno de “pirata” (por que sería?) e de traste.

Se tedes paciencia, e dispoñedes de quince minutos,  podedes escoitar o pod-cast nesta ligazón.

Tratamos de mentir o mínimo posible e de divertinos o máximo posible. A experiencia foi moi agradábel a pesares dos intentos do señor presidente de rebentar a entrevista con alusións persoais (xeneral Sobrinoff, Michu-Michu…) 

Ao rematar, e por non perder o seu tradicional costume, o Presidente invitou aos participantes a un magnifico xantar no restaurante El Refugio que como ben sabedes está moi próximo á emisora.

2 comentarios:

Paris Joel dijo...

Ei!!! O do xantar no Refugio se avisa que eu tiña unha fame...Ja,ja,jaj,a,ja,ja.
Unha aperta.

Antonio Martínez dijo...

Pois nada, cando querias quedamos para correr uns quilómetros e logo xantamos. Saúdos artísticos.