19/2/12

Un castrexo na Media Maratón do Ribeiro


     


A cero graos, con néboa… segunda proba pensado na Maratón da Coruña: só falta a Vig-Bay.

Acudín como valente castrexo disposto a derrotar as xélidas temperaturas e amosar o valor dos ártabros norteños.

Saudei a Blas e ás súas fadas que ían participar na andaina de 18 quilómetros. O sábado, para ir quecendo as pernas, xa fixeran máis de trinta. Sáqueilles esta foto na súa saída.
 
A idea era facer mellor tempo ca en Viana, saíndo algo máis alegre e rematar por baixo de 1.24.

Saín, case, con Bernardo, a ritmo de 3.48´´ os dous primeiros quilómetros. Sígoo desde o quilómetro tres. Do oito ao doce vou paralelo a el. Logo váiseme amodiño pero constante. Baixo o ritmo. O percorrido é duro polas constantes subidas e baixadas, ningunha moi dura pero é que case non hai nada plano. Mirade o perfil que collo de Furacán do Ribeiro:


 Ao final trato de aumentar o ritmo pero xa non hai forzas. O resultado foi fantástico (1.21.47´´ e segundo na categoría), moito mellor do esperado e todo grazas ao ritmo constante marcado polo mestre Bernardo.


 Á chegada, bebida e froita. Duchas impresionantes (canto ten que aprender a Vig-Bay!!!). Percorrido polas adegas e xantar atlético a base de caldo, viño, empanada, queixo e xamón cocido. Finalmente entrega de trofeos (viño do ribeiro). Moitísima xente, moitísmo voluntario, increíble organización e un ambiente magnífico. Teremos que volver.