Todo Montrove na Coruña
Había xa moito tempo que tantos amigos de Montrove (e
achegados) non participábamos xuntos nunha actividade atlética (as festeiras e
gastronómicas son cousa aparte)
Como o motivo ben valía unha concentración, alá foise o
“todo” Montrove ata Riazor onde xa agardaban por nós os achegados: Juan, Ana,
José Antonio… Os poucos que faltaron tiñan boas razóns para facelo.
Ademais de participar en tan emotiva proba (…) foi toda unha
delicia ver de novo a Pili e a Juan no asalfato. Ben é certo que aínda non
están no seu mellor momento… pero xa están.
As señoras máis madrugadoras (Elena, Mónica, Ana, Raquel, Isabel)
decidiron facer a caminata de 3, supostos, quilómetros, mentras que os atletas
faciamos algo de quecemento. E digo algo porque sempre que viaxamos en grupo
facemos menos quecemento do que deberíamos.
Na carreira cada quen fixo o que pudo ou o que quixo: Alberto
case nin se lle viu (16 minutos), Antonio vai collendo a forma (17 minutos),
Chema (21 minutos) coas súas habituais e novas-vellas dores, José Antonio
esforzándose coma sempre, Tere, Pili, Álvaro, Raúl e Juan (26 minutos)
dominando o sector intermedio da proba.
Tras a entrada en meta fixemos un reagrupamento para
decidir se tomábamos un aperitivo antes ou despois dunha ducha. Como a proba
foi tan curta e só uns poucos suaron, decidiuse tomar directamente o aperitivo
no 21 na rúa Mª Luisa Durán. En realidade o local escollido foi para comprobar
o historial deportivo dalgúns atletas que participaran na carreira. Que tempos
aqueles onde os homes tiñan pelo e estaban coma motos…