27/2/08


Por orde do señor Presidente do club, o pasado sábado celebrouse unha Asemblea Extraodinaria. A orde do día contiña un único punto:

"Estudo, e aprobación se procede, da proposta do señor presidente sobre unha viaxe a Londres".


Efectivamente, ímonos á capital da Pérfida Albión.

Co gallo de estudar o recorrido do maratón londinense o Presidente propuxo, e asemblea aprobou por unanimidade, realizar unha viaxe preparatoria a principios de maio. A elección das datas fíxoa en función do calendario aprobado: entre o maratón de Madrid e os 50 quilómetros de Allariz (sempre pensando no ben dos seus atletas) Os gastos de aloxamento corren a cargo do patrocinador. Pola manutención non hai de que preocuparse: empanadas de Osedo para todos e todas .


¡Por fin seremos un club internacional!

4/2/08

Entroido 2008

Quen dixo que na vida so hai camiños para correr? Quen afirmara que os sábados e domingos están feitos só para competir? Quen dixo que a nosa única función era gastar as suelas das zapatillas? Quen afirmara que o mellor entreno é o que falta por facer?
Pensabades que o noso club era tan só de running?
Aquí tedes as fotos da celebración do Entroido 2008. Adiviñade, se podedes, quen é o triatleta, o farmacéutico veloz, a keniata de Montrove, o comensal austero, o maratoniano.




Ás poucas horas da festa, houbo entreno no Paseo da Augua de Cambre. Así se fai, campións.