Despois de xa algúns anos, despois de xa moitos quilómetros compartidos, despois de entrar na mesma meta moitas veces… non é de estrañar que vos botemos en falta.Sen o Mestre e sen a Keniata de Montrove, adestrar e participar en carreiras non é o mesmo.
A vosa ausencia é tan só por un curto espazo de tempo. Curto, moi curto.
De seguro que estades desexando volver trotar, volver cruzar unha meta, rematar a maratón do ano, lucir experiencia en Allariz... Tamén tedes que estar seguros que todo o club (mesmo o seu Presidente) estamos agardando con impaciencia o momento de compartir asfalto.
As vosas lesións son “pan comido” para uns atletas tan experimentados.