26/3/12

Vig-Bay 2012: Os piares do club


Menos mal que sempre hai quen manteña o facho do club… son tres pero coma se foran os trescentos das Termópilas. Valen o seu peso en ouro. Tres, tres ou catro? Con Roberto nunca se sabe… o clandestino, volveu correr sen dorsal. 

Tras chegar a Samil en tempo e forma, recollemos os dorsais, atopámonos con Paloma e Antonio do Club Bodymore que tiveron a ben levarnos as bolsas ata Baiona. 

Case sen tempo para o quecemento, dirixímonos aos nosos caixóns de saída: 
-O Presidente foi acompañado polo seu adestrador, o xeneral Sobrinoff. Tiñan un obxectivo moi claro, rebaixar o tempo da última participación nesta proba: resultado, cinco minutos menos. Ata o quilómetro 15 foron fenomenal, a partires de aí, as pernas do Presidente foron converténdose en cemento e nin as insinuacións do tesoureiro sobre as atletas conseguiron que o ritmo fora a máis. Pero… cinco minutos son cinco minutos. Pouca xente pode dicir o mesmo. 

-Roberto foi tirando moi cómodo entre xente moi noviña, entre xente de menos de trinta anos. 

-O Cronista participou para realizar un test pensando na maratón da Coruña. Sufriu un pouco ao final pero fixo un bo tempo, clasificando de 5 na súa categoría. Aproveita a ocasión para dar a coñecer o seu novo blog: Zapas do 42

Despois ducha, estilo campamento da mili. Regreso a Vigo no autobús (Chema, onde estabas?) e un xantar magnifico no Durán de Canido, con cañas e godello. Quen tomaría un gin tónic?. Sobremesa para todos agás para quen di que non a toma nunca. 

Regreso no coche de Roberto, onde o Presidente deleitounos cunha magnífica disertación sobre a intranscendencia do ser humano e sobre as migracións das bolboretas monarca. 

Este post e esta carreira vai adicada a esa compañeira tan importante para todos nós… Bicos campiona