Mostrando entradas con la etiqueta Adestramentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Adestramentos. Mostrar todas las entradas

15/8/11

Trotando por Louro



Nestes días de verán continúo facendo quilómetros por Louro (Muros). Debido á abundante presenza de cans tiven que modificar os recorridos habituais por este que vedes na ilustración: subidas suaves a ritmos suaves. Son 9.400 metros que repito dúas ou tres veces.

20/2/11

Dúas semanas para a Marató de BCN: última tirada de 25 km.

Como xa vos supoño enterados, Pili non poderá participar na Marató. Fáiseme difícil asumir que non estaremos xuntos na liña de saída: tantos quilómetros compartindo esa ilusión, tantos quilómetros xuntos…

Baixo de moral, adestrei este fin de semana sen moitos folgos: 19 km o venres con 4x3000 (a última serie non saíu tan ben como era desexable), o sábado trotei 15km e hoxe domingo tocou facer a última tirada longa antes da proba de Barcelona. A pesar do cansazo acumulado e das poucas gañas que recibía o corpo desde o cerebro, rematei contento co tempo realizado. Poño , a continuación, os tempos das tiradas longas feitas desde xaneiro (as semanas que faltan foron por precaución por unas dores nun pé)

2-I-11: Ida: 58.47´´ Regreso 54.58´´: 113.45´´
9-I-11: Ida: 56.08´´ Regreso 53.20´´: 109.30´
6-II-11: Ida: 54.40´´ Regreso 52.18´´: 106.58´
13-II-11: Ida: 54.55´´ Regreso 54.05´´: 109´
20-II-11: Ida:55.04´´ Regreso 52.04´´: 107.08

8/1/11

Tirada longa: 25 quilómetros

Abandonado por Pili (segundo domingo consecutivo) fixen a tirada máis longa das programadas nos adestramentos para a Maratón de Barcelona: 25 quilómetros. A idea é saír lento e moi cómodo, en descenso, ata a rotonda do dolmen en Santa Cristina, e regresar algo máis alegre (segundo o noso querido Comensal Austero dando as zancadas un pouco máis grandes e con algo máis de velocidade), especialmente nos cinco últimos quilómetros. Teño que recoñecer que no final da tirada non acado os ritmos marcados no plan de adestramento.

O domingo pasado fixen 58,47´´ (ida) e 54,58´´ (regreso) a 4,33/qm.
Hoxe, os tempos foron 56,08´´ (ida) e 53,20´´ (regreso) a 4,21/qm.






6/12/10

Adestramento: Montrove-Santa Cristina

Como os profesionais non facemos "ponte" deportiva, saimos hoxe ás 9,15 desde a Urbanización Montrove ata a rotonda de Santa Cristina, baixo unha constante chuvia. Foron 44,40 minutos para 9,2 qm. a un ritmo de 4,51´´. A idea era facelo lento, lento. Ao regreso, Pili confesa problemas estomacais e nos cuádriceps. A pesar do cal e de que regresamos subindo (200 metros de ascenso acumulado no regreso), facemos 44,11´´ a un ritmo por quilómetro de 4,48´´. A seguinte tiranda longa será na media maratón de Ferrol.

As ilustracións teñen un quilómetro máis que o adestramento comentado.
Podedes ver a ruta polo miudo e en varios tipos de mapas en Strands.

28/11/10

Montrove-Faro de Mera e regreso

Mentras algúns membros do clubs curaban as feridas da noite anterior na cama, os maratonianos do club (a Keniata e o Cronista) decidimos pasar algo de frío indo ata o faro de Mera en 45 minutos xustos. O regreso foi baixo unha intensa e fría chuvia, nun tempo de 42,16´´.



Como poderedes observar, son 9,2 quilómetros de ida e outros tantos de volta. O desnivel acumulado tampouco está nada mal: 431 metros de ascenso e outros tantos en descenso. A ruta está feita e publicada en Strands.

31/1/10

Xaneiro 2010: resume de adestramentos

Co novo ano comencei o plan de dez semanas de adestramentos para o Marató de Barcelona. Aquí tedes o resume do mes de xaneiro:

Días de adestramento 21. Ritmo medio 4,29´´.

Resume por semanas:

1ª: 35 qm.

2ª: 80 qm.

3ª: 64 qm.

4ª: 76 qm.

5ª: 84 qm.

Con seis días de series (300; 500; 1000; 2000 e 4000)


Total : 339


Comparade con anos anteriores:

Xaneiro 2008: 168 qm.

Xaneiro 2007: 215 qm.

Xaneiro 2006: 154 qm.

Estes datos podedes velos no meu Strands (rede social de deportistas)


Valoración persoal: nunca corrín tantos quilómetros nun mes pero teño que facer máis series a pesar de que nas feitas sairon bos tempos.


16/6/08

O Val de Loureda e subida a santa Leocadia

Co obxectivo de preparar a Andaina de Allariz, cinco camiñantes do noso club fixeron trinta quilómetros polo fermoso val de Loreda así como a subida ao monte de santa Leocadia. IMPRESIONANTE