27/8/07

Rematou a tempada da Costa




Tras cumprir coa asistencia ás carreiras de Lira, Broña e Carnota, o Xefe do Gabinete de Prensa do Clube vai pasar polo taller (repouso activo e 20 sesións de rehabilitación)

A fermosa carreira de Carnota (6.400 metros) discurreu con marea chea polo que tivemos que correr por area seca e cun vento de 35 nos do nordeste (¿lembrades a Vig-Bay do 2006?) A pesar dos problemas de xeonllos (en plural) e de tan só levar 80 quilómetros o 25 de agosto (o ano anterior levaba a ese mesmo día, 195) o representante do club entrou de 12 (28.53´´) na clasificación xeral pillando o terceiro premio na categoría de Máster.

18/8/07

3º Cross de Broña


O sábado 18 de agosto, o Club Panadería D´Osedo enviou ao Xefe do Gabinete de Prensa a coñecer o Cross de Broña na Serra de Outes. Os catro quilómetros desenvólvense nun percorrido fermoso e duriño. A familiar organización merece o noso apoio polo cariño e entusiasmo que pon no seu traballo. Parabéns.
Resultado: 15.00'', sexto en veteráns (maiores de 35 anos) e 15 apro. na xeral (sobre un total de 55/65 participantes)
¡Quen non adestra non corre!

14/8/07

Carrera Popular de Oleiros

Queridos compañeros y amigos: Disculpad que interrumpa vuestras merecidas vacaciones , pero ayer sucedió un hecho inaudito por inesperado : ¡ JULIO GANÓ UN TROFEO ! . Sí,sí , no es una inocentada , ni es un trofeo de parchís , que es a lo único que creíamos que podía aspirar, es un trofeo de esos que gana la gente corriendo. Los hechos sucedieron ayer ,como digo. Mientras su esposa , la keniata de Montrove , y un servidor charlábamos animadamente en la puerta de su casa , vimos a lo lejos un coche negro que doblaba la curva, mientras el individuo que lo pilotaba hacía sonar estrepitosamente el claxon , al tiempo que agitaba por la ventanilla un objeto que (por sus reducidas dimensiones) no eramos capaces de identificar. Atónitos comprobamos que el conductor era el triatleta del equipo de los Pachuco´s boys y el tal objeto era ...un trofeo (!!!). Trofeo al tercer clasificado en la carrera popular de Oleiros. Desde aquí queremos felicitar al ex-pringao de la casa por su gesta y animarlo a que en el futuro siga llenando su ,hasta hoy, escuálida vitrina de premios.
P.D.: No se sabe el número total de participantes en el evento , aunque las malas lenguas dicen que quedó cuarta clasificada la señora que barría el circuito tras el paso de los "atletas".

12/8/07

Carreira a pe Mar de Lira



O responsable de prensa do Clube, ese mesmo que todos coñecedes porque sempre se queixa, sempre está mal, sempre lle doe algo, o mesmo que desde que lle amezou con cascar o xeonllo esquerdo (19-VII) e mentres non vaia ao traumatólogo (mandaralle parar e vinte sesións de rehabilitación) só fixo 17 quilómetros correndo (pero todos os día fai natación -1.250 metros- e dúas horas de bici -carreteira ou btt), atreveuse a participar na Carreira a pe Mar de Lira.



Resultado, mellorou un mínuto (29.11´´) con respeto ao ano pasado nos 7.350 metros, acadando o segundo posto dos veteráns e o sexto na absoluta, sobre un total de 35/40 participantes.

¡Non se merece o corpo que ten!


¡Vémonos o 25 en Carnota!


3/8/07

Círculo

¡Lume de viqueira, fume de carozo! Si, señor, así se corre para non mollarse.

Suso de Toro. Círculo. Da materia dos soños. Xerais, 1998, páx. 11.

¿Onde nos vería Suso de Toro para describirnos así?

29/7/07

La Maratón

-¿Qué significa todo esto? –pregunté, alarmada.
-Significa que va a tener que correr el maratón en Grecia, doctora.
-¿Cuarenta y dos kilómetros corriendo? –el tono de mi voz no podía sonar más agudo.
-En realidad, no –dijo la Roca, frunciendo la frente y apretando los labios -. Sólo treinta y nueve. He descubierto que la carrera que se corre hoy en día no se corresponde con la que corrió Fidípides en el año 490 antes de nuestra era para anunciar a los atenienses la victoria sobre los persas en las llanuras de Maratón. Según explica el Comité Olímpico Internacional en una de sus páginas web, el trayecto moderno de cuarenta y dos kilómetros se estableció en 1908, en los Juegos Olímpicos de Londres, y es la distancia que existe entre el castillo de Windsor y el estadio de White City, al oeste de la ciudad, donde se celebraron los juegos. Entre el pueblo de Maratón y la ciudad de Atenas, sólo hay treinta y nueve kilómetros.
Matilde Asensi. El último Catón. Madrid, Plaza& Janés, 2005, 38ª ed., pp. 301-302.
(Iste é o único parágrafo de interese do libro)

19/6/07

Acta da Asemblea Xeral Anual

Co obxectivo de pechar a tempada e celebrar a asemblea anual do clube, os atletas e as súas parellas foron invitados polo excelentísimo señor patrocinador a unha cea de confraternidade.

Durante a longa velada iniciada ás 20.30 horas do sábado, os comensais (nada austeros nesta ocasión) poideron degustar a calidade das empanadas do xa afamado forno da Panadería D´Osedo así como dar conta (¡que ben cortas o xamón Maestro!) dun impresionante cuarto traseiro dun ser desgraciado (hai que ser desgraciado, vivir para ser comido), o señor cocho. Que gran calidade e abundacia tivo a sobremesa (hum....) que mesmo chegou a provocar o feito insólito de que o noso Moisés (coñecido en crónicas anteriores como Comensal Austero) repetíu de forma reiterada bocados e bocados dos doces da mesa (¡quen o ía dicir de ti!)

Da abundancia das bebidas é mellor non publicar nada, non vaia ser que o xa respectado clube adquira unha inmerecida, á par que innecesaria, fama.

Foron excelentemente acollidas as persoas que tiveron a ben acompañarnos sen formar parte, aínda, do clube. Ista edición dixital non publica comentarios machistas, nin asume as opinións sexistas pronuncianadas por algún membro do clube sobre estas visitas.

Tras a interminable cea, e xa con algunhas ausencias, sendo as 01.30 horas do domingo, o señor presidente do clube deu comenzou á asemblea xeral ordinaria. A súa proposta de cargos foi aceptada con disciplina:
-Presidente de honra e socio fundador : O Maestro.
-Vicepresidente e Man Dereita: o que nin pilla nin durme fóra da casa, A. Valentín.
-Tesoreiro Milagreiro e Asesor Fiscal: o exComensal Austero, máis coñecido desde Allariz como Moisés.
-Capitana do Equipo: a que non deixa pillar nin durmir fóra da casa ao Vicepresidente.
-Xefe da Asesoría Médica e experto en productos dopantes: O Farmacéutico Veloz.
-Xefe do Negociado de Relacións Institucionais: o experto en atopar faltas nas prendas de Inditex, antes coñecido por Triatleta.
-Figura indiscutible: a que non sabe mercarse a roupa soa, anteriormente coñecida como a keniata de Montrove.
-Xefe do Gabinete de Prensa: o blogista.

Como segundo punto da orde día foi negociada duramente polo representante sindical do clube a adquisión de novas prendas deportivas que estean á altura dos resultados dos atletas. Por decisión maioritaria, demandouse a adquisións de forros polares para todos. Xa estamos fartos de pasar frío cando esperamos polo premios da keniata de Montrove. ¡Ou que deixe de gañar trofeos ou que nos abriguen!

Como terceiro punto da orde do día, o señor patrocinador e presidente (que forma de acumular cargos, jefe) propuso a designación dun capitán. Ista proposta debémola enmacar na súa liña de dividir e de buscar pelexa entre os sufridos atletas. Afortunadamente xente de máis idade tivo a ben facer a proposta de elevar a ista importantísima categoría, ao Maestro (¡que grande eres!), contando co apoio unánime dos presentes.

Finalmente, e antes de disolvernos baixo a chuvia, abordouse a cuestión do calendario da vindeira tempada. Designouse a proba dos 10 quilómetros da Coruña en outubro como proba inicial de entreno, e a Pedestre de Santiago como a do inicio oficial da tempada. Igualmente, insistiuse na importancia de facernos un clube internacional, correndo algunha proba en Portugal.

Sen máis asuntos que beber digo tratar, e sendo as 2,20 minutos do domingo 17 de xuño, levantouse a sesión.

3/6/07

¡Que paseo polo Mero!


<><>
<><>
create your own slideshow


Co obxectivo de inspeccionar o circuito polo río Mero, unha reducida representación do clube participou na I Carreira da Auga. Cun trazado rápido, cómodo, pola beira do río, o triatleta, o Farmacéutico Veloz, A Keniata de Montrove, e o exmaratoniano, déronse un paseo o sábado pola mañá nesta carreira.

Foi un paseo, porque correr, o que se di correr, nun correron un cara.... ( o mellor tempo foi de 36.41´ tras pasar o primeiro quilometro en 3.32´´¡que vergonza!) E que as velocidades deixadas en Cataluña (ou sería a ausencia da muller?), nun caso, e os destrozos ocasionados pola proeza de Allariz da semana anterior, nos outros tres atletas, tiveron como consecuencia que unicamente fixeran un entreno rápido. A pesar de contar co apoio dos atletas ausentes (¡que duro e fermoso foi Allariz, eh?) Mais e a pesar dos seus 42.57´´ a capitana do clube acadou o terceiro posto da súa categoría

Nova de última hora: o señor patrocinador está pensando en retirarlles as camisetas a estes atletas. Ou corren como hai que correr ou lles retira a camiseta e a nómina que cobran do clube.

As que si son unhas campionas son as nosas rapazas do Club de Natación Sincronizada Montrove. Regresaron de Marín con todos os primeiros postos nas súas categorías e modalidades nos Campionatos Galegos. Impresionante. Felicitacións para a entrenadora.

27/5/07

X Andaina Vila de Allariz. 50 quilómetros en 12 horas


O pasado sábado 26 de maio, mentres as compoñentes do Club de Natación Montrove acadaban no Campionato Galego de Natación Sincronizada sete trofeos (fantástico rapazas, parabéns para a súa entrenadora), sete membros do noso club participaron na “X Andaina Vila de Allariz, 50 quilómetros en 12 horas”.

Con ameza de chuvia, temperatura non superior aos 19 graos, unha alta humidade e todo un mundo por subir e baixar, estes ultrafondistas tamén arrasaron na Andaina.

A pesar dos consellos do Comensal Austero (levou aos nosos participantes a unha abundantísima cea chea de graxas e proteínas, regadas con abundante viño e ramatada con gintonics...), do pouco que se durmiu no hotel, almorzaron puntualmente ás 7,15.

Posteriormente e coa vestimenta axeitada, iniciaron a camiñata. No primeiro quilómetro formaron os dous grupos previstos: os veteranos do grupo, o Mestre (hai que rendirlle pleitesía por ter superadas as seis participacións) e o Comensal Austero co seu impresionante báculo, paseniño paseniño, dominaron a clasificación dos camiñantes (cruzaron a meta ás oito horas e nos postos 90 e 91).

O grupo de tolos (e unha tola) que pretendían facer os 50 quilómetros correndo, foron deixando escapar a grupos de inexpertos participantes (habería tempo de darlles caza) ao tempo que collían unha marcheta lenta pero constante. A primeira etapa, isa na que para empezar habería que subir e subir e logo subir e subir, (16 q.) fixérona en 1 hora e 43 minutos, a pesar da caida do exmaratoniano; a segunda (22 q.) rematárona en 2 horas e 47 minutos, coa parada incluída do avituallamento e o descolge do Camiñante de Melide (“parade oh, que isto é unha costa”, “parade, oh, que quero beber un grolo”); e a terceira de 12 q., onde a Keniata de Montrove amosou a súa fortaleza mental e guiados polo Sendeirista de Bastiagueiro (o servizo de guía do Triatleta foi rexeitado despois de equivocar a ruta nun par de ocasións), en 1 hora e 17 minutos. Tempo total 5 horas, 47 minutos e 36 segundos. Chegaron á meta nos postos 8, 9, 10 e 11 sobre un total de 800 inscritos. ¡Sen comentarios!

Só 40 minutos despois, entraría na meta o Camiñante de Melide, tras facer máis da metade da proba en solitario e mellorando a súa anterior marca en case dúas horas. Impresionante.
Dedemos felicitar á organización polo seu magnífico traballo. Esmerado trato aos participantes, avituallamentos impecables, ambiente magnífico. Empanadas, bicas e cañas extraordinarias. Parabens


REFLEXIÓN FINAL: E AGORA QUE?

14/5/07

Máis éxitos na "Carrera de la Salud 2007"



A pesar de contar con varias e salientables ausencias, o noso club tivo unha destacada participación na carreira da saúde coruñesa. A Keniata de Montrove e o Farmacéutico Veloz acadaron os seus xa tradicionais premios. Os outros atletas, como sempre, representaron dignamente ao club en todos os segmentos da clasificación.

Parabéns a todos.

P.D. Nas fotos hai un infiltrado (desculpade a súa envexa por non ter participado na carreira do paseo marítimo)

23/4/07

Maratón Popular de Madrid

a
Remataron máis de 8000 atletas. O noso representante (dorsal 6983) entrou no posto 981 cun tempo de 3 horas,17 minutos e 41 segundos. Con el corríamos todos e todas, así que a éxito acadado é compartido. Felicitacións para o clube Panadería d´Osedo.

17/4/07

CARRERA DE LA SALUD


O Farmacéutico Veloz ten a ben comunicarnos que o vindeiro domingo 13 de maio, organizouse (para el) a "Carrera de la Salud" para poder pillar o seu premio da temporada, invitando aos seus colegas a darlle ambientillo á proba.
Por suposto, que alí todos e todas estaremos.