21/10/08

A segunda mellor ultrafondista de España tamén é galega

A vilagarciá Cristina González gañou unha proba de 100 quilómetros en Terrasa e é subcampioa de España por detrás da ribadense Ana Ferradás.

Cristina González é unha novo estudante de Fisioterapia que leva dedicándose ao atletismo nos seus intres libres tres anos. Naceu en Vilagarcía hai 24 anos e está estudando en Murcia, polo que compite no club de atletismo de Lorca. A parte desta pequena biografía, Cristina é capaz de correr 100 quilómetros en pista en 9 horas e 54 minutos.

Crisitna González acaba de imporse nunha proba disputada o pasado fin de semana en Terrasa, onde conseguiu nunhas condicións meteorolóxicas moi desfavorables esa marca que mellora en 38 minutos a que xa posuía. Coa súa temperá idade para semellante distancia, é subcampioa de España logo da proba que se disputou o pasado mes de marzo.

O sorprendente é que naquela proba a vencedora foi Ana Ferradás, a veterana atleta ribadense, tres veces campioa de España e con 20 anos máis que Cristina. As mellores ultrafondistas de España son galegas.

No hay comentarios: