19/4/09

Novo récord mundial en 10 quilómetros

O nonagenario Julián Bernal bate a marca do mundo de 10 quilómetros en ruta

O atleta galego fixo a proba en 1 hora, 11 minutos e 50 segundos.

O atleta nonagenario de Ferrol Julián Bernal Medina bateua marca mundial de dez quilómetros en ruta na categoría de veteranos cunha marcade 1 hora 11 minutos 50 segundos. Fuentes da organización do primeiro campionato de España de dez quilómetros en ruta na categoría absoluta e veteranos confirmaron que Bernal Medina, de 90 anos, logrou reducir a marca nesa categoría de idade en seis minutos e 58 segundos.

En categoría absoluta, o lucense do Azkar, Gustavo Pratas Vidal, foi terceiro. O campionato que contou cunha participación duns 300 atletas, disputouse por vez primeira a nivel nacional nas inmediacións do río Avia, nocircuíto da Veronzá, en Ribadavia, nunha mañá soleada e conboa temperatura.

Texto e foto vía La Voz de Galicia.

No hay comentarios: