8/1/10

Marató de Barcelona: 7 de marzo de 2010



Pá Barcelona me voy...

Tiña que tomar unha decisión: Barcelona (moi cedo, con poucos quilómetros nas pernas) ou Madrid (incontables problemas familiares e profesionais). Así que a decisión foi participar (ou que carallo, correr) a Marató de Barcelona, o vindeiro 7 de marzo.

Xa sei que ninguén máis do club poderá estar comigo na carreira, que terei que estar na liña de saída so, sen os nervios da Keniata de Montrove, sen os medos do Triatleta, sen a sorpresiva aparición do Furacán do Miño, sen o estreo dos Sobrinoff/Nutria de Montrove. So. Xa sabedes que a miña familia (muller, sobriños, "cuñaos") non estarán listos para tirar algunhas fotos... que pouco valoran a nosa paixón...


O perfil deste maratón, creo, é un pouco máis suave que o Mapoma, aínda que tamén ten as súas subidas nos últimos quilómetros. A miña resposta: desde setembro remato case todos os adestramentos cunha costa de tres quilómetros (da Ponte da Pasaxe á urbanización Montrove)

Desde o día 1 de xaneiro asumín un plan de 8 semanas. Tentarei ser o máis estricto posible no seu comprimento. A pesar de que non levo acumulados moitos quilómetros desde agosto (inicio da temporada), os test sairon ben ou incluso demasiado ben (Media de Ferrol -4´/qm- e Lugo Monumental -3.45´´-qm) e iso foi un factor importante á hora de tomar a decisión de ir a Barna.

O 10 de xaneiro estreo as novas zapatillas: continúo coas Asics Gel Stratus-3. Estaba pensando en pasarme ás Landreth pero as vin a un prezo irresistible. Antes do seu estreo están neste estado, na crónica da carreira poñerei outra foto: veredes como as terei.

Espectativas? Non me creeredes se dixera que con rematar sen problemas estaría contento. Pois esta vez si. Rematando en menos de 3.15´ estaría contento. Entendo que esa crono suporía unha carreira sen demasiados problemas. Pero o que teño pensado, a día de hoxe, é mellorar os 2.59´ do Mapoma-09. Supoño que me sería imposible mellorar un 2.55´, pero se non se intenta...

Agora só queda adestrar (dous días á semana series, otro en progresión e os domingos tiradas de 100´a 110´, é dicir de 22 a 25 quilómetros, e un quinto día se a sorte acompaña), librar das lesións e contar co voso apoio.

5 comentarios:

chema dijo...

Forza! Haría de liebre,pero creo que hay que ir delante y no una hora por detrás. Sinto.

Antonio Martínez dijo...

Con saber que tu aliento me persiguiera sería suficiente...

Julio J dijo...

Estás en linea de bajar de nuevo de 3 h seguro, mira como fueron las últimas carreras. Ánimo, se te echará de menos en Madrid.

Antonio Martínez dijo...

JULIO: Si no hay contratiempos en las semanas que faltan, trataré de bajar, sustancialmente, de las 3 H.

Julio J dijo...

Ya que lo dices, no esperamos otra cosa, el perfil te acompaña.
ANIMO