21/2/10

Preparando as eleccións á Presidencia



Hoxe o comité electoral do Clube de Atletismo Panadería d´Osedo reuniuse a fin de establecer as bases das vindeiras eleccións á presidencia do clube.


Os efectos, trasladouse a unha casiña de turismo rural, sita no concello de Arzúa, na parroquia de Portimaño, onde poideron degustar un plato tipico catalán (calçots) -trátase dun clube de altas miras e no que prima o intercambio cultural- acompañados das bebidas espirituosas axeitadas (cava ós aperitivos-calçots- e viño mencía no xantar consistente en escalibada, butifarra con fabas, y chuletiñas de año con patacas e postre: crema catalana caseira (frugal). O traxecto ata a casa de turismo rural (casa Assumpta) foi moi agradable e o coordinador cultural do clube propuso visitar unha igrexa románica no lugar de Mezonzo, mais por motivos de axenda do candidato á presidencia, O Furacán Do Miño, no puido ser e quedou a visita posposta ata a próxima viaxe que, sen dúbida, efectuará o clube a Casa Assumpta.


No comité electoral encóntrase un dos candidatos á presidencia mais iso non é un atranco tratándose do clube que se trata, e mais tendo en conta as artes pouco democráticas mantidas polo presidente actual dende o inicio das andainas do clube coma tal (autonomeamiento, dirixente déspota e machista, rexidor insidioso,….)


Ante a convocatoria da reunión pre-electoral- na casa do actual presidente, que por non variar, intenta xa dende o primeiro acto influir na votación anunciando que convida a unha merenda- e a fin de establecer as bases electorais (definición do censo electoral, proclamación dos candidatos a presidencia, período e reglas de campaña electoral, día da votación, reconto dos votos e proclamación do elexido), o comité electoral acordou propoñer os seguintes puntos-bases da elección:

- o censo electoral estará formado só por atletas que acrediten a participación en alomenos tres carreiras (haberá de requerirse o actual presidente en funcións que acredite dito extremo, pois coa súa deriva nos últimos tempos – namais pensa nas copas e nas titis- fainos pensar que de atleta só lle restan as zapatillas) Queda claro que a nai do actual presidente non poderá votar.

- os candidatos á presidencia haberán de acreditar ter participado en probas atléticas de envergadura – media maratón, maratón, triatlón,…)

- o período de campaña electoral se extenderá dende o vindeiro 1 de marzo e ata o día 15 de maio, a xornada de reflexión –amplia- será durante a fin de semana que o clube se trasladará Sevilla previsto para o mes de maio.

- a elección farase en urna pechada e por voto secreto, e a urna estará instalada no atrio de igresia de Lians durante dúas horas o día 17 de maio-festivo Dia das Letras Galegas- entre as 9 e as 11 da mañá.

- o reconto dos votos efectuarase ese mesmo día nun xantar, a celebrar en lugar aínda por decidir, e o candidato electo convidará os cafés e ás copas de sobremesa.


En Oleiros a 20 de febreiro de 2.010

(Acta by Elena)


No hay comentarios: