27/5/13

III Carreira contra o cáncer na Coruña

Todo Montrove na Coruña

Había xa moito tempo que tantos amigos de Montrove (e achegados) non participábamos xuntos nunha actividade atlética (as festeiras e gastronómicas son cousa aparte)

Como o motivo ben valía unha concentración, alá foise o “todo” Montrove ata Riazor onde xa agardaban por nós os achegados: Juan, Ana, José Antonio… Os poucos que faltaron tiñan boas razóns para facelo. 

Ademais de participar en tan emotiva proba  (…) foi toda unha delicia ver de novo a Pili e a Juan no asalfato. Ben é certo que aínda non están no seu mellor momento… pero xa están.


As señoras máis madrugadoras (Elena, Mónica, Ana, Raquel, Isabel) decidiron facer a caminata de 3, supostos, quilómetros, mentras que os atletas faciamos algo de quecemento. E digo algo porque sempre que viaxamos en grupo facemos menos quecemento do que deberíamos.

Na carreira cada quen fixo o que pudo ou o que quixo: Alberto case nin se lle viu (16 minutos), Antonio vai collendo a forma (17 minutos), Chema (21 minutos) coas súas habituais e novas-vellas dores, José Antonio esforzándose coma sempre, Tere, Pili, Álvaro, Raúl e Juan (26 minutos) dominando o sector intermedio da proba.


Tras a entrada en meta fixemos un reagrupamento para decidir se tomábamos un aperitivo antes ou despois dunha ducha. Como a proba foi tan curta e só uns poucos suaron, decidiuse tomar directamente o aperitivo no 21 na rúa Mª Luisa Durán. En realidade o local escollido foi para comprobar o historial deportivo dalgúns atletas que participaran na carreira. Que tempos aqueles onde os homes tiñan pelo e estaban coma motos…

No hay comentarios: