27/5/07

X Andaina Vila de Allariz. 50 quilómetros en 12 horas


O pasado sábado 26 de maio, mentres as compoñentes do Club de Natación Montrove acadaban no Campionato Galego de Natación Sincronizada sete trofeos (fantástico rapazas, parabéns para a súa entrenadora), sete membros do noso club participaron na “X Andaina Vila de Allariz, 50 quilómetros en 12 horas”.

Con ameza de chuvia, temperatura non superior aos 19 graos, unha alta humidade e todo un mundo por subir e baixar, estes ultrafondistas tamén arrasaron na Andaina.

A pesar dos consellos do Comensal Austero (levou aos nosos participantes a unha abundantísima cea chea de graxas e proteínas, regadas con abundante viño e ramatada con gintonics...), do pouco que se durmiu no hotel, almorzaron puntualmente ás 7,15.

Posteriormente e coa vestimenta axeitada, iniciaron a camiñata. No primeiro quilómetro formaron os dous grupos previstos: os veteranos do grupo, o Mestre (hai que rendirlle pleitesía por ter superadas as seis participacións) e o Comensal Austero co seu impresionante báculo, paseniño paseniño, dominaron a clasificación dos camiñantes (cruzaron a meta ás oito horas e nos postos 90 e 91).

O grupo de tolos (e unha tola) que pretendían facer os 50 quilómetros correndo, foron deixando escapar a grupos de inexpertos participantes (habería tempo de darlles caza) ao tempo que collían unha marcheta lenta pero constante. A primeira etapa, isa na que para empezar habería que subir e subir e logo subir e subir, (16 q.) fixérona en 1 hora e 43 minutos, a pesar da caida do exmaratoniano; a segunda (22 q.) rematárona en 2 horas e 47 minutos, coa parada incluída do avituallamento e o descolge do Camiñante de Melide (“parade oh, que isto é unha costa”, “parade, oh, que quero beber un grolo”); e a terceira de 12 q., onde a Keniata de Montrove amosou a súa fortaleza mental e guiados polo Sendeirista de Bastiagueiro (o servizo de guía do Triatleta foi rexeitado despois de equivocar a ruta nun par de ocasións), en 1 hora e 17 minutos. Tempo total 5 horas, 47 minutos e 36 segundos. Chegaron á meta nos postos 8, 9, 10 e 11 sobre un total de 800 inscritos. ¡Sen comentarios!

Só 40 minutos despois, entraría na meta o Camiñante de Melide, tras facer máis da metade da proba en solitario e mellorando a súa anterior marca en case dúas horas. Impresionante.
Dedemos felicitar á organización polo seu magnífico traballo. Esmerado trato aos participantes, avituallamentos impecables, ambiente magnífico. Empanadas, bicas e cañas extraordinarias. Parabens


REFLEXIÓN FINAL: E AGORA QUE?

4 comentarios:

blas dijo...

Bueno a verdade e que non sinto aspernas .... eu non sei si me liaderes en outra ,...... soio me convenceresdes si temos antes unha gran cea con gin tonic incluido, Antonio o que funciona non son as ampoias de glucosa ... a gasoliña son os GINTONICCCCCCCCCCCCCCCC


Felicidades a todos


blas

Loly dijo...

Oeeeee, oe, oe, oeeeeeee
oeeeeee, oeeeeeee!!!
Como que agora que? Agora, e xa cho dixen noutra ocasión, a facer as Américas....
Onte acordeime de ti e tiveches o meu apoio "moral"
Parabéns moza e mozos, pero entre nós, eu penso que ides ás "andainas" polas ceas da véspera...

Julio J dijo...

¿Quien contará la verdaddera Historia de Allariz?, ¿alguien se cree que los dos grupos que se formaron no tuvieron su origen en la noche anterior?

Julio J dijo...

¿Y ahora que?. Bajar de 5h. 30 min. sin extravios por el camino.