18/12/07

VI Lugo Monumental: Quen dixo frío?


Porque un home sen palabra, nin é home nin é un farapo de gaita, o señor Presidente do club, cumpríu a súa e agasallou aos atletas cuns magníficos forros polares antes da carreira VI Lugo Monumental
.

Grazas señor Presidente.

Sen o seu agasallo teríamos pasado moito frío, mais a quen lle importaba correr con cero graos (nin frío nin calor) se tiñamos na meta esperándonos uns forros polares extraordinarios?

E que forros, donas e cabaleiros, de cor laranxa. Inconfundibles, chamativos, puro márqueting para a Panadería d´Osedo.

A carreira... coma sempre. Os de diante correron moi rápido pouco tempo e os de atrás correron moito tempo amodiño. A Keniata de Montrove... primeira da súa categoría (foi atleta máis apoiada polo seu club durante a entrega de trofeos)

Do excelente xantar só comentar que don Francisco foi “acosado”, literalmente “acosado” por persoas alleas ao club que, sen facer os méritos necesarios, pretendían aproveitarse da nosa boa situación en equipamento.

Sobre a noticia de demisión... ná de ná. Haberá que convocar unha xunta extraodinaria e debater a cuestión.

Para saber os resultados, clicade
aquí.

No hay comentarios: