22/11/09

Correr sen vós non é o mesmo

Despois de xa algúns anos, despois de xa moitos quilómetros compartidos, despois de entrar na mesma meta moitas veces… non é de estrañar que vos botemos en falta.

Sen o Mestre e sen a Keniata de Montrove, adestrar e participar en carreiras non é o mesmo.

A vosa ausencia é tan só por un curto espazo de tempo. Curto, moi curto.

De seguro que estades desexando volver trotar, volver cruzar unha meta, rematar a maratón do ano, lucir experiencia en Allariz... Tamén tedes que estar seguros que todo o club (mesmo o seu Presidente) estamos agardando con impaciencia o momento de compartir asfalto.

As vosas lesións son “pan comido” para uns atletas tan experimentados.

2 comentarios:

Julio J dijo...

Tanta pena, tanta pena, ¿es que no sabeis lo que puede suponer 10 días en casa con revistas de decoración y tiempo para pensar?.
Que pocas horas de vuelo........

chema dijo...

Las lesiones,queridos amigos,son parte indivisible de la práctica deportiva. Todavía estamos a tiempo de cambiarnos al ping-pong...