21/12/09

Lugo Monumental baixo cero

Cando aínda o termómetro sinalaba datos en negativo, catro atletas do club e a lesionada Keniata de Montrove iniciamos a viaxe a Lugo para participa na Lugo Monumental, non sen antes comprobar que algún veciño tiñas as luces prendidas cando xa era de día e podían apagarse.

No automóbil os comentarios semellan os cánticos do nenos de san Ildefonso: un grao baixooooo cero, dous graos baixoooooo cero… así ata que en Guitiriz observamos con pavor menos seis grados. Que frío, que inmenso frío.

Mais como este ano, e baixo as
ordes do xeneral Sobrinoff, a organización foi perfecta, o frío semellaba ser menos: Fernando agardaba por nós na porta do seu garaxe, na súa oficina están os dorsais, O Triatleta probou o seu baño; tempo para tomar un café; despedímonos de Pili (canto frío pasou) o quecemento inicial no garaxe, logo polo sol de Lugo.

Aquí temos
que abrir a sección reivindicativa, señor Presidente. Como ben se pode observar na foto hai clubs que agasallan aos seus atletas con magnífico equipamento para evitar lesións ocasionadas polo frío (obsérvese a Fernando), pero tamén hai clubs nos que os atletas son auténticos sufridores que corren sentido os cores do club porque senón o único que sentirían sería o tremendo frío de Lugo. Señor presidente, póñase as pilas. A pesar disto, estamos contentos cos novos pantalóns, mesmo algún xa os estreou en Lugo.


Posteriormente cada quen foi ao seu caixón e desexámonos sorte.

Fernando e Sobrinoff fixeron a carreira conxuntamente, por algo son amigos desde hai moitos anos; o Furacán do Miño atopouse como nunca (por algo corría na casa); o Triatleta fixo un adestramento de calidade marcándose un ritmo de 4 minuto
s quilómetro; o Cronista foi a testar o estado de forma e mellorou a súa marca na carreira e na distancia. Todos rematamos contentos.

Na meta estábanos agardando Pili e Elena cos nosos polares. Nós non pasamos frío… e pero elas… moito pasaron. GRAZAS.


Tras a carreira que mellor que deixarnos atender por Fernando: non fomos tan maleducados de rexeitar a súa invitación de ducharnos na súa casa, onde, dona Mercedes, insistiu en que tomáramos leite quente con mel. Dest
e xeito conseguirán que todos os anos participemos na carreira. MOITAS GRAZAS Fernando e Mercedes.
















Unha vez lavadiños e acicalados, dirixímonos ao encontro cos resto do club, onde? Na rúa dos viños: alí estaban Pili, Elena,Teresa, Álvaro, Raquel, Isabel e o señor presidente, quen chegou á cidade da muralla no OSEDO FORCE ONE (novo vehículo presidencial) Tras os viños… a polo cocido en Terras do Miño: magnífico restaurante no río Rato nun contorno espectacularmente fermosos. Sobremesa abundante e licores estupendos. Temos que “vender” máis e mellor Lugo.

En total houbo 1114 participantes. Os tempos foron os seguintes:

Cronista 36,37.

Triatleta 40,10.

Furacan do Miño 42,35.

Fernando Ríos e Sobrinoff 49,17.


Outras atléticas crónicas en A Carreira dun Kan, e en Khenesfera. Crónica e foto no Progeso de Lugo. RESULTADOS.

2 comentarios:

chema dijo...

Gran crónica,Cronista, eres un crack. Yo creo que corrímos tan rápido para llegar pronto a la ducha caliente.

Antonio Martínez dijo...

... e polo cocido...