Cando aínda o termómetro sinalaba datos en negativo, catro atletas do club e a lesionada Keniata de Montrove iniciamos a viaxe a Lugo para participa na Lugo Monumental, non sen antes comprobar que algún veciño tiñas as luces prendidas cando xa era de día e podían apagarse.
No automóbil os comentarios semellan os cánticos do nenos de san Ildefonso: un grao baixooooo cero, dous graos baixoooooo cero… así ata que en Guitiriz observamos con pavor menos seis grados. Que frío, que inmenso frío.
Mais como este ano, e baixo as ordes do xeneral Sobrinoff, a organización foi perfecta, o frío semellaba ser menos: Fernando agardaba por nós na porta do seu garaxe, na súa oficina están os dorsais, O Triatleta probou o seu baño; tempo para tomar un café; despedímonos de Pili (canto frío pasou) o quecemento inicial no garaxe, logo polo sol de Lugo.
Aquí temos que abrir a sección reivindicativa, señor Presidente. Como ben se pode observar na foto hai clubs que agasallan aos seus atletas con magnífico equipamento para evitar lesións ocasionadas polo frío (obsérvese a Fernando), pero tamén hai clubs nos que os atletas son auténticos sufridores que corren sentido os cores do club porque senón o único que sentirían sería o tremendo frío de Lugo. Señor presidente, póñase as pilas. A pesar disto, estamos contentos cos novos pantalóns, mesmo algún xa os estreou en Lugo.
Posteriormente cada quen foi ao seu caixón e desexámonos sorte.
Fernando e Sobrinoff fixeron a carreira conxuntamente, por algo son amigos desde hai moitos anos; o Furacán do Miño atopouse como nunca (por algo corría na casa); o Triatleta fixo un adestramento de calidade marcándose un ritmo de 4 minutos quilómetro; o Cronista foi a testar o estado de forma e mellorou a súa marca na carreira e na distancia. Todos rematamos contentos.
Na meta estábanos agardando Pili e Elena cos nosos polares. Nós non pasamos frío… e pero elas… moito pasaron. GRAZAS.
Tras a carreira que mellor que deixarnos atender por Fernando: non fomos tan maleducados de rexeitar a súa invitación de ducharnos na súa casa, onde, dona Mercedes, insistiu en que tomáramos leite quente con mel. Deste xeito conseguirán que todos os anos participemos na carreira. MOITAS GRAZAS Fernando e Mercedes.
Unha vez lavadiños e acicalados, dirixímonos ao encontro cos resto do club, onde? Na rúa dos viños: alí estaban Pili, Elena,Teresa, Álvaro, Raquel, Isabel e o señor presidente, quen chegou á cidade da muralla no OSEDO FORCE ONE (novo vehículo presidencial) Tras os viños… a polo cocido en Terras do Miño: magnífico restaurante no río Rato nun contorno espectacularmente fermosos. Sobremesa abundante e licores estupendos. Temos que “vender” máis e mellor Lugo.

En total houbo 1114 participantes. Os tempos foron os seguintes:
Cronista 36,37.
Triatleta 40,10.
Furacan do Miño 42,35.
Fernando Ríos e Sobrinoff 49,17.
Outras atléticas crónicas en A Carreira dun Kan, e en Khenesfera. Crónica e foto no Progeso de Lugo. RESULTADOS.
2 comentarios:
Gran crónica,Cronista, eres un crack. Yo creo que corrímos tan rápido para llegar pronto a la ducha caliente.
... e polo cocido...
Publicar un comentario