24/12/10

IX Carreira Lugo Monumental

Como parece ser que ningún membro do club participante nesta proba quere redactar unhas liñas sobre a mesma, será o Cronista quen, dun xeito creativo, redacte o acontecido nese día.

Cun frío que se metía por todas as partes do corpo, cinco atletas de Oleiros participaron na IX edición desta carreira solidaria. Son xa moitos anos os que levamos indo ata Lugo en decembro, non temos moi claro se é pola carreira ou polo xantar.

Tras facer a viaxe ata as terras do noso “proveedor de fármacos dopantes”, recibiunos Fernando, quen como sempre nos facilitou o seu apoio técnico polo que lle perdoamos que pertenza a outro club. Tras quentar un pouquiño, repartímonos polos caixóns de saída, dous nos de diante e tres no de atrás. A carreira foi coma sempre, uns apurando todo o que puideron e outros apurando as vistas todo o que puideron.

Os resultados foron os seguintes:
Alberto: 39,30
Pili: 40,59
José María: 43,04
Raúl: 45,48
Álvaro: 53,04

Tras a recollida do fermoso premio para Pili (2ª na categoría como na semana pasada na media Ferrol) dirixímonos ata o restaurante, preto de Baralla, onde demos conta das especialidades, sólidas e líquidas, da casa e onde o Presidente, en nome de todos os asociados e asociadas, fixo entrega dun agasallo, ben merecido, a dona Mercedes.

As fotos procenden de Correr en Galicia.


No hay comentarios: