22/5/11

Andaina polo Mandeo cun home de pouca fe



Os domingo sabemos que son para facer deporte. Algún para facer a súa tirada longa na bici, outros para trotar algo máis do habitual, e outros, para camiñar.

Deste xeito, o Mestre buscouse dous acompañantes para camiñar ao longo do Mandeo. Temperatura ideal (a Keniata co seu corta-ventos), mochilas ao lombo (como pesará tanto a do Mestre…) e iniciamos o percorrido ás 10.00. A nosa Keniata diante, impoñendo un forte ritmo, especialmente nas escasas costas, o experto-Mestre no medio e o cronista-fotógrafo detrás.

Chegado o momento de beber un grolo (que diría Roberto se isto fose a andaina de Allariz) o Mestre decátase da ausencia dun compl
emento xa vital da súa existencia. A pesar da importancia do mesmo, teimosamente insistiu en querer continuar a ruta prevista (subida, subida, subida). É tan cabezón como o presidente voluble á hora de modificar os criterios para a elaboración da Xunta Directiva do Club. Finalmente aceptou a nosa decisión de regresar en busca do obxecto perdido: tarefa de escasas posibilidades de éxito, especialmente coa pouca fe, ou convicción, que lle puña o causante da variación do programado.

Tras unha hora de lento camiñar, atopouse o obxecto perdido. Incrible. Desde entón, aumentamos fortemente o ritmo da camiñata, chegando a Betanzos ás 13.30. Fermoso día, fermosa andaina.


Deixamos unha fotos da beira do Mandeo, para relaxarse e gozar.

No hay comentarios: