Nunha mañá fría, con pingas de auga antes da saída, participei na Media de Ferrol. Practicamente só (vin a Alberto cando chegaba á meta) posto que temos á nosa Keniata convalecente, ao Mestre en proceso de recuperación, ao Triatleta iniciando a temporada e ao resto gardando forzas para Lugo. A saída e a meta estaban en san Valetín, en Fene.
A idea da carreira era facer un adestramento longo (tres semanas sen facelo) e poder comparar o estado de forma con decembro do 2007. Hai dous anos rematara moi contento a proba porque pasara na distancia de 1.28 a 1.24 (aquel ano saíamos e chegábamos a Narón). Pero tras máis de catro mil quilómetros de rodaxe, tendo xa como mellor marca na media 1.22 (Vig-Bay de abril de 2009) agardaba poder baixar de 1.24. Xa sei que levo poucas series pero non poucos quilómetros e que non consigo enlazar máis de dúas semanas boas de adestramentos. Así que... saín gardando forzas no primeiro mil, dando dúas voltas por san Valentín (como na milla, lembras Chema?) collendo axiña o ritmo polas Pías e localizando a un grupo como referente.
Primeira sorpresa: quilómetro 5 en 17,30´´. Non pode ser. Ten que estar mal medido. Os atletas e as poucas atletas vanse estirando. Entramos en Ferrol. Quilómetro 10, constatación de que está mal medido: 37,17´´. Sáeme un tempo dun dez mil magnífico. Non pode ser. Rodo cun grupo. Ao cruzar o Xubia, comeza de verdade a proba, o rompe-pernas de subidas. Perdo o contacto con grupo. No 15 teño a certeza de que non mellorarei o crono na distancia. Algún problemiña nun xemelgo. Nin caso. Xa vou só. Desde o quilómetro 10 puidéronme adiantar uns quince atletas, só adianto a un.
Marco ritmo de supervivencia. Chegar sen sufrir moito. Unha vez en Fene trato de subir o ritmo, creo que non adiantarei a ninguén e intento que a respiración que me persegue non me adiante. Nos marcamos un último quilómetro rápido. Entro con forza na meta pero descontento polo tempo: 1.24.23´´na posición 73 de 528. Tan só nove segundos menos que hai dous anos. Como pequeno consuelo Pazmasajes di que a distancia supera en 270 metros o percorrido regulamentario, e Khene que en case 400. Iso xa sería outra cousa.
Conclusión: facer máis series, tratar de ser máis regular nos adestramentos, buscar reforzos positivos para a Maratón.

Outras crónicas en Khenesfera, A carreira dun kan ou Xavi. Créditos das fotos.
7 comentarios:
Enhorabuena, creo que te olvidas hacer referencia al viento, yo salí en bici por la mañana y era una cometa, así que correr con ese viento pasa factura y cobra su tiempo. Sigues en linea de bajar 3:59:59.
Grazas, triatleta. Vento lateral nas Pías e en contra na estrada de Castela. Pero en vez de 3.59.59, creo que haberá que poñer 2.59.59 (ou menos, já, já)
Correcto, y disculpe usted este lapsus, los que no nos acercamos a eso ni de coña siempre contamos co 3h + lo que caiga.....
Es un buen tiempo,coño,no te quejes. Si al final me suicido yendo MAPOMA (cada vez tengo más dudas) me apunto al 3:59:59 y ,a ser posible, sin terminar en camilla.
Chema: lo del MAPOMA hay que ir concretándolo por aquello de los planes de entrenos y avionbes.
¿Se puede hacer MAPOMA en avión?. Ah,pues yo a eso sí que me apunto.
Ata Barajas si; pero desde Colón ata o Retiro...
Publicar un comentario